Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



mércores, 4 de decembro de 2019

Book tráiler (XVI): “Corredora”, de María Reimóndez. Por Alicia Martínez Rodríguez e Sara Conde Delgado



Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Corredora, de María Reimóndez (col. Fóra de Xogo, Xerais, 2017). Realización youtubeira: Alicia Martínez Rodríguez e Sara Conde Delgado, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)




Book tráiler (XV): Trece anos de Branca, de Agustín Fernández Paz. Por Lúa Edreira Martínez



Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Trece anos de Branca, de Agustín Fernández Paz (Editorial Rodeira, 1994). Realización youtubeira: Lúa Edreira Martínez, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



Book tráiler (XIV): “Soños eléctricos”, de Ramón Caride Ogando. Por Sonia Muíño Riomayor



Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Soños eléctricos, de Ramón Caride Ogando (col. Narrativa. Xerais, 1992). Realización youtubeira: Sonia Muíño Riomayor, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



Book tráiler (XIII): "Corredora", de María Reimóndez. Por Pablo Codesido Fernández



Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Corredora, de María Reimóndez (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2017). Realización youtubeira: Pablo Codesido Fernández, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



Conta de Libros (XV): Dragal I. A herdanza do dragón, de Elena Gallego Abad




O libro pareceume unha novela de fantasía e aventuras moi interesante, gústame moito a trama e como se desenvolve. Xa teño ganas de ler o seguinte libro para saber que acontece con Hadrián e Mónica. 

Para min o momento máis importante do libro é cando Hadrian e Mónica están atrapados nas catacumbas de San Pedro e, xa sen ningunha esperanza atopan a cova de Dragal. É o meu momento favorito porque durante todo o tempo que souben que existía esa cova tiña intriga de como sería e que pasaría nela.

Os personaxes principais son Hadrián e Mónica e tamén son os meus favoritos, xa que me gusta a súa personalidade e o seu carácter. Son dous rapaces moi valentes afeccionados á aventura e o misterio.

A novela non é moi difícil de ler e o vocabulario é fácil de comprender e de resumir, e por iso volo recomendo para unha lectura entretida.

Uxía Beiras Rivas  (3º ESO)

Conta de Libros (XIV): Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz



Paréceme un libro moi interesante, emocionante, con moito suspense e no que nalgúns momentos chega a dar medo de verdade, atrápate completamente e non o podes deixar de ler.

Creo que o momento máis importante do libro é cando Adrián atopa o libro da ilustración e comeza a decatarse de que a rapaza da imaxe se move, porque a historia e todo o que acontece despois xira arredor desa imaxe.

O meu personaxe favorito é Xabier, porque é moi aventureiro, pero sempre intenta estar fixo á realidade e coa cabeza en completa orde. É moi xeneroso e axuda a todo o mundo que precisa aínda que a súa vida estea en perigo.

Tamén me gustan moito Adrián e Tareixa, aínda que Tareixa, nesta historia foi a que máis cabeza tivo e a única que non acabou toleando e por iso a única que acaba ben.

Cambiaría o final, porque para min non é axeitado porque quedas con moitas preguntas por contestar. E co bo que é o libro o final podería acabar moitísimo mellor.

Non ten un vocabulario nada difícil, eu entendino todo á perfección.

Laura Codesido Fernández (3º ESO)


O máis importante de este libro foi cando Xabier entra na casa enmeigada e pensa que non pode saír, xa que nese momento el decatouse de que a casa estaba enmeigada de verdade. Ao mesmo tempo tamén me gustaban moito os momentos nos que Xabier tiña moito medo pola noite e se poñía ás tantas da madrugada a escribirlle cartas a Adrián, pero Adrián non llas lía porque non estaba na casa.

Este relato é moi sinxelo de ler e sobre todo é moi intrigante xa que sempre tes ganas de saber o que pasa despois de cada acción, de vez en cando ganas medo, por exemplo cando sobe ao faiado a mirar o que había xa que tiñan un presentimento de que algo había alí.

O final defraudoume un pouco xa que pensaba que os ían a encontrar, pero non encontraron nada, soamente encontrou a curmá de Adrián o libro polo que sucedera todo e era unha cousa que a verdade non ma esperaba.

Este libro recoméndovolo moito porque é axeitado para todas as idades e creo que lle pode gustar a todo tipo de persoas.

Anxo Lamas Liste (3º ESO)


A min este libro gustoume bastante xa que te intriga moito. Pero o que máis me gustou da narración foi que me fixese darme conta de que os amigos reais son moi importantes, xa que cando o seu amigo estaba en perigo el non dubidou nin un intre en ir axudalo e a arriscarse a dar a súa vida se fose preciso.

A escena que máis me impactou, foi cando Xabier levanta a trapela e o seu amigo dille que nin se lle ocorra ir a rescatalo despois do que el vira aí abaixo, porque xa non o podía rescatar ninguén, pero el aínda estaba a tempo de salvarse.

O personaxe que máis me gustou foi Xabier xa que foi capaz de facer calquera cousa para axudar ao seu amigo, ata dar a vida por el. Ensinounos que unha amizade pode ser para toda a vida, se valoramos á outra persoa.

O final non me gustou moito, xa que non me gustan moito os finais abertos.

Eu recoméndovos moito este libro porque é sinxelo de ler e de entender.

Arancha Rey Brea (3º ESO)

Este libro gustoume moito porque desexas saber que lle pasa??, que lle ocorre?? encontrárono???
Esas preguntas que te fas cando estás entusiasmada, ademais este relato é de fantasía ou real porque isto podería pasar na realidade que che fixeran unha broma sobre esa casa. Esta historia é interesante.

O meu personaxe favorito é a irmá de Xavier porque se fai ver que é aventureira e forte. Por ir a esa casa encantada, por non lle facer caso a seu irmán e por loitar sempre no final da historia.

Os personaxes mellores son os protagonistas: Adrián, Xavier e a irmá porque son os que che fan o relato máis ameno, intrigante e interesante, pois queres saber o que lles pasa.

A situación que máis me gustou foi o momento que Tareixa (irmá de Xavier) enfrontouse a ir a esa case e queimar o libro dos debuxos.

Neste libro eu cambiaría unha cousa o final porque é un final aberto e non sabes nada sobre os personaxes.

A lingua é fácil de entender porque se non entendes unha palabra co contexto xa a entendes. 

Nerea González Rey (3ª ESO)

O título Cartas de inverno fai referencia a que a maioría da historia é contada mediante as cartas e a portada mostra a casa embruxada que comprou Adrián e na cal ocorre case todo na historia. 

É una historia moi entretida, recomendo este libro porque aínda que sexa unha historia curta tanto os personaxes coma a trama referente á casa embruxada está bastante ben. 

A parte que máis me gustou foi cando Adrián empezou a contar as súas experiencias paranormais na casa embruxada.

O meu personaxe favorito é o inspector Sotillo porque é o único que non fixo ningunha estupidez en todo o libro.  

O final pareceume algo apresurado xa que foi chegar Teresa e o Inspector á casa embruxada, encontrar o libro co retrato da rapaza queimalo e xa está. 

O vocabulario non é difícil de entender na maioría dos casos e recomendo abertamente a súa lectura se che gustan os libros de misterio. 

Marcos Conde Delgado (3º ESO)

A min este libro gustoume moito xa que me pareceu moi interesante, con moito suspense e que te atrapa completamente e non o podes deixar de ler ata chegar ao final e descubrir todo o que está a pasar.

Na miña opinión, o momento máis importante do libro é cando Adrián atopa aquel estraño libro e empeza a decatarse de que a imaxe da rapaza comeza a mudar de posición co paso do tempo. Paréceme o máis importante xa que o relato ten moito que ver coa imaxe.

O meu persoaxe favorito é Adrián, xa que me gustou moito a súa personalidade. É moi aventureiro e valente, a pesar de todos os sucesos que lle estaban a acontecer, el non perdeu a cabeza nin a calma e tentou chegar ata o fondo daquel misterio que tanto o inquietaba.

Cambiaría o final xa que me defraudou un pouco, esperaba outro desenvolvemento da historia, xa que me pareceu que che deixa con moitas preguntas por responder na cabeza, e paréceme que se fose un final máis claro quedaría mellor acorde co libro.

O vocabulario non era complicado, era moi doado de entender.

Gabriella González Lamas (3º ESO)

Conta de Libros (XIII): Todos somos, de Marcos Calveiro




O libro en si gustoume. Pero non me convence o final, eu boto en falta un final cerrado, porque me gustan así. Que descubran algunha pista ou que atopen a Natalia. 

Polo resto, os personaxes son moi bos e o autor describe moi ben o punto de vista de cada un. Desta forma podemos ver como afecta unha desaparición en distintas perspectivas. 

Ensina a vida real dos programas de televisión, que lles importa máis a audiencia que a xente que pode estar detrás desa noticia. Tamén nos mostra a realidade coas persoas, que nin todos son tan bos, nin todos son tan malos.                                                                                                                 

Sen dúbida o meu momento preferido foi cando a inspectora marcha e envían a xente máis especializada para axudar na desaparición, creo que era algo bastante necesario.                  

Respecto ao vocabulario, non tiven ningún problema á hora de ler e entender o libro. 

Por último, este é un libro que realmente recomendaría, pois creo que todos deberían ver o que hai tras unha desaparición e que non todo é como nolo pintan por televisión.

Lorena Becerra Varela (3º ESO)

Para min o momento máis importante é cando a rapaza desaparece e iso fai que todo o vecindario cambia en moitos xeitos, afectando a todo o mundo. 

O meu personaxe favorito é Lina porque é un decisivo na trama. 

Paréceme un tema interesante e emotivo porque aínda que queiras pensar que iso non acontece, pasa en moitísimas partes do mundo e en moitos casos non hai ningunha solución. En todo caso o da reporteira do programa ese vexo que, como diría, fáltalle ``chicha´´ e que debería ter máis importancia. 

Ten un final triste pero aberto, o que quere dicir que pode haber segunda parte. 

Un vocabulario moi fácil de entender, se acaso hai algunha palabra por aí solta que non a entendes pero co contexto pódese dar a entender o que significa. 

Recoméndolle este libro as persoas ás que lle gusten as historias reais, o misterio e a intriga. Moi bo libro, entretido e fácil de ler, engánchate xa no segundo capitulo. 

Rubén Rodríguez Seoane (3º ESO)


Conta de Libros (XII): A sombra descalza, de An Alfaya




A min o relato do libro gustoume moito porque trata sobre temas moi importantes que pasaron no pasado. Esta obra non só che relata a historia que trata, senón que tamén nel podes aprender cousas que pasaban nese pasado. Non só do que contaba a familia da protagonista senón de cousas que tamén puideren pasar na miña familia e na de outras persoas. 

Na novela hai momentos de tensión e moitos de intriga. Para min momento máis importante do libro é cando a protagonista descobre o secreto de Sagrario porque é un momento de moitísima curiosidade. 

Para min o final da novela é moi axeitado porque a protagonista acaba sabendo todos os segredos que lle ocultaban na casa. Eu sinceramente non cambiaría nada do que aparece no final do relato.

Este libro recoméndollo a todas as persoas que lle gusten os relatos de tristeza e sobre todo que lle gusten os libros nos que hai moita intriga.

Adrián Gándara Reboredo (3º ESO)


Esta novela gustoume moito porque é unha historia que pode ocorrer de verdade, pero non imaxinei ese final. O momento máis importante pareceume cando Xuliano conta a historia de Sagrario, de porqué andaba descalza pola casa, pareceume o máis importante porque Xuliano non era moito de dicir as cousas.
Elsa, a protagonista, paréceme moi investigadora porque descobre ela todo o de Sagrario, a súa verdadeira historia, o da súa tía, do mozo de Arxentina e tamén o da súa avoa, o que sabía. O avó de Elsa pareceume que debería facerlle máis caso á súa familia. A avoa de Elsa paréceme que era boa persoa, a pesar de traizoar a súa irmá, porque seguiu co seu home a pesar que está coa súa irmá, ata aguantou ata que morrera para dicirlle que sabía o del coa súa irmá, e que fora ela quen lle roubara os zapatos ao morto.
Recoméndoo porque me gustou moito, a pesar de como acaba, que non se sabe que pasou despois do final coa familia. A lingua da narración enténdese ben.
David Louro Rey (3º ESO)

O momento máis importante do libro é cando Elsa lle rouba a chave a Florinda para entrar na habitación da súa tía e resolver os problemas todos que había. 

E o momento que menos me gustou foi cando o mozo de Florinda foi buscar as cartas porque desconfiaba dela, mais é moi controlador.

A personaxe máis importante foi Elsa porque quería saber que pasou con todo e esforzouse moito e a historia xira arredor dela sempre. 

Este libro é moi interesante porque queres saber como acaba. O final cambiaríao porque non tería que morrer Rafael, o amante de Florinda, xa que Florina tivo que estar con outro home ata que Rafael a puidera levar. 

Ten unha lingua fácil de entender porque non había palabras que non se entendesen polo contexto. 

Recomendo este libro porque é moi interesante e e entretido. 

Martín Rivas Suárez (3º ESO)

Para min os momentos máis importantes do libro foron cando morreu Sagrario, porque a familia alporizouse, xa que Florinda e Elsa querían entrar na súa habitación e o avó Xuliano non lle deixaba. 

E tamén cando a familia decidiu comprarlle uns zapatos a Sagrario para o día do seu enterro, xa que aí déronlle como unha azouta na boca ao avó Xuliano porque el consideraba unha falta de respecto cara á súa persoa que lle compraran uns zapatos a esa muller.

Este relato é moi sinxelo de ler, porque ten un vocabulario moi coloquial. O libro é moi misterioso xa que todos queren entrar na habitación de Sagrario porque o avó nunca lle permitira entrar a ninguén nese cuarto.

O final desta historia defraudoume un pouco xa que esperaba outro tipo de desenlace, como que o avó acabara cedendo e lle deixara á rapaza entrar nese lugar tan misterioso.

Recoméndovos moito este libro xa que é axeitado para todas as idades e creo que lle pode gustar a todo tipo de persoa, ata a xente á que non lle gusta ler.

Anxo Lamas Liste (3º B)

Conta de Libros (XI): ¡Maldito DNI!,de Pepe Carballude



Saúdos, chámome Marcos e vou falar deste libro. O momento que me pareceu máis importante foi cando Olimpio desapareceu despois de falsificar os documentos para que aparecera no sistema como morto. 

O tema pareceume interesante porque é curioso ver como ao non estar controlado polo sistema é todo moito máis difícil no día a día. 

Gustoume como se desenvolve a historia desta obra xa que se ve o difícil que é vivir de  forma normal sen un DNI ou pasaporte por exemplo. 

O final eu creo que é axeitado. O único que non me gustou do libro foi que nalgúns diálogos deixa puntos suspensivos e así non se pode saber o que din e aínda que moitas veces non é información relevante preferiría que estiveran aí eses diálogos. 

Recomendo a lectura, sobre todo se hai un tolo coma Olimpio que quere desaparecer do sistema para que saiba que non lle vai ir moi ben.

Marcos Conde Delgado (3º ESO)

Conta de Libros (X): A sombra cazadora. Suso de Toro


Esta novela gustoume moito, paréceme un libro moi interesante e divertido, é moi fácil de ler, menos ao principio que non se entende moi ben porque non explica moito o que sucede pero cando les un pouco máis vaise entendendo e xa está mellor.

O momento máis importante da narración paréceme cando Teseo co seu tiracroios rompe a imaxe nas vías do tren, que era come se lles cortase o paso, porque é como se a derrotase e xa se acabase todo pero non.

O meu personaxe favorito é Teseo, porque sempre é moi seguro de si mesmo, outra cousa que me gusta moito del é que sempre leva consigo o seu tiracroios por se sucede algo como case ao final.

O final gustoume moito, tan só cambiaría unha cousa e sería que cando atopasen o final que houbese unha torre xigantesca e que cunha panca que puxera no tocar e ao activala que saíran raios pola punta, logo acabaríase todo e volvería todo á normalidade.

Recoméndovos este libro porque está moi chulo xa que trata como que o mundo é absorbido polas pantallas de agora.

Pablo Couselo Noya (3º ESO)

A sombra cazadora é un libro de misterio e aventuras, é bastante fácil de ler, porque ten un vocabulario fácil de entender. É unha novela xuvenil con bastantes conceptos antigos, que lle dan un toque diferente ao que estou acostumada a ler normalmente.      

Para min o momento máis importante do libro é cando a imaxe coñece a Clara e a seu irmán e se rebelan contra ela. A pantalla non era real e o rapaz sabía como demostrarllo. A imaxe dixo que era seu pai, mais cando o rapaz lle preguntou cal era o seu nome non lle soubo responder. Teseo, díxolle que ese era o seu nome e despois rebentou cun coio a pantalla. Nese momento é cando os lectores comprendemos moitas cousas do libro.

O meu personaxe favorito é Clara, xa que demostra ser moi intelixente e astuta, e sabe como coidar de Teseo.

O único que cambiaría do libro é o final, xa que non me gusta moito e é moi estraño o ocorrido nel.                     

Uxía Beiras Rivas (3º ESO)