Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



viernes, 22 de noviembre de 2019

Conta de Libros (III): Cartas de amor, de Fran Alonso




A min este libro gustoume no sentido de que che ensina as cousas da vida, e sobre todo porque estas cartas fanche abrir os ollos de como o están pasando outras persoas.

A lectura do libro é moi sinxela pero ao mesmo tempo moi dura polos temas que trata. Ademais, faise interesante e a medida que imos vendo as cartas, son cartas de amor, pero non amor como o coñecemos, senón un amor diferente. Fala do amor á Terra, do amor á xente, dos que se van, dos que nacen. Tamén do amor que traizoa e do amor que fai feliz.

Tratan de temas como a inmigración, o desamor, o amor, o humor, a sexualidade, de prisioneiras, etc.

Cada carta simboliza un tipo de amor que ás veces ten final triste e outras veces ten un final ledo.

É un libro que che ensina tamén como de triste é a vida noutros países. Por iso, eu este libro recoméndollo a calquera persoa que lle guste ler historias emotivas.

Adrián Gándara Reboredo (3º ESO)

A min pareceume un libro interesante porque conta historias que lle sucederon a moitas persoas ou que aínda lle están pasando e non só lles ocorreu a esas personas a historia senón que as están vivindo moitas máis dia a dia.


O momento que me pareceu máis importante é cando a moza lle escribe unha carta á súa amiga dicindo que é lesbiana, porque é unha cousa que lle ocorre a moitas persoas tanto a homes coma a mulleres que non se atreven a confesalo por medo a que os rexeiten e se rían deles por selo.

Non faría ningún cambio porque a min paréceme que o libro está ben así e porque son historias persoais que viviron persoas que pasaron por esa mesma situación e a viviron de maneira diferente.

O vocabulario en xeral pareceume fácil pero había algunhas palabras ás que non lle coñecía o significado.

Gloria Bello Fraga (3º ESO)

A min esta narración paréceme interesante, pero non me chama moito a atención o de que sexan varias historias sen ter que ver unhas coas outras, polo tanto non enganchan tanto como require o tema. 

Cada historia contén a súa protagonista, e a min gustaríame que se coñeceran. Gústame que as historias ocorran en distintas épocas, porque iso tamén inflúe nos temas tratados e na perspectiva de ler a obra. 

O meu personaxe favorito é Mónica, porque á parte de ser a historia máis próxima no que se refire á época a min tamén porque fai uns anos seguía sendo o mesmo que agora co que respecta coa homosexualidade. Para moita xente está mal vista, e con esa opinión só fan que as persoas homosexuais non o queiran dicir porque temen ser rexeitadas pola sociedade. Iso mesmo é o que lle pasa a Mónica.

O libro non é moi longo, e grazas a que o vocabulario non é moi complexo facilita a súa lectura. 

Uxía Beiras Rivas (3º ESO)