Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



miércoles, 29 de enero de 2020

Book trailer (XXXI): "Volverás, golfiño", de Andrea Maceiras. Realizado por Lúa Edreira Martínez



Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Volverás, golfiño, de Andrea Maceiras, con ilustracións de Víctor Rivas (col. Merlín. Xerais, 2014). Realización youtubeira: Lúa Edreira Martínez, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



Conta de Libros (XXVII): Chamábase Luís, de Marina Mayoral



Chamábase Luís é un libro moi interesante, xa que trata de un tema delicado como é o das drogas, e vexo moi importante que se trate porque aínda que hoxe en día estea máis normalizado o tema aínda faltan algúns aspectos por entender ou explicar na sociedade, a xente non entende a dor que pasan as familias. 

Á parte do tema das drogas tamén trata os conflitos familiares de épocas anteriores á nosa. 

Non é fácil escoller personaxe favorito, xa que hai persoas que inflúen moito na novela, pero se tivera que escoller, sen dúbida sería Rosa. Rosa paréceme unha boa persoa que sempre sabe que dicir ou facer. É unha muller loitadora e sempre vai facer o que poida por salvar a seus fillos e defendelos. Ten unha gran debilidade por Luís, xa que é o fillo con máis problemas, pero iso non lle fai perder os estribos. 

A obra é curtiña e fácil de ler, o vocabulario da novela é doado, pero ten algunhas palabras complexas. Se queres saber algo máis do libro so tes que lelo.

Uxía Beiras Rivas (3º ESO)