Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 17 de decembro de 2013

Hai que ver como está o gando...

Visto en Facebook (Ostras, qué perlas)

Balda de Libros (XX): Cartas de amor, de Fran Alonso


Cartas de amor, Fran Alonso, Xerais

Este libro gustoume moito porque cada carta é moi diferente e cóntache as diferentes vivencias dos seus personaxes.
Ainda que é un libro moi triste faiche coñecer as distintas penurias que hai polo mundo.
Fala das violacións que marcan as mulleres de por vida, da pobreza que te leva a deixar todo o que tes e obrígate a emigrar, dos enganos sufridos pola persoa amada ,das guerras que mataban a tanta xente...
É un libro que  lle recomendaría a moita xente porque vale para  valorar máis a vida que nos tocou vivir a nós.

Sheila Bouzas Leis (3º ESO)

A min este libro pareceume moi interesante, xa que fala sobre a emigración a España, e sobre todo que hai crise económica e iso está pasando nestes momentos en España, por iso me parece que este libro é moi actual é tamén moi real xa que estas cartas están escritas con moito sentimento.
A min o vocabulario nin pareceu fácil nin difícil aínda que ten algunhas palabras raras das cales descoñecía o seu significado.
Eu non lle faría ningún cambio xa que as cartas me parecen moi apropiadas para cada tema dos que ocorren nelas.
Este libro encantoume xa que é un dos primeiros libros que leo que trata destes temas todos xuntos.

Sonia Pumar Muíño (3º ESO)

A min o libro de Cartas de amor pareceume algo aburrido, porque nas súas historias non te esperas o que podes ler segundo o que pon a portada. 
Nestes relatos non aparecen as típicas historias de amor, que un rapaz lle escribe á súa namorada. Todo o contrario, nelas encóntraste historias de penas e tristezas das persoas, pero tamén de coraxe e valentía. Sinceramente a min gustáronme máis as historias de coraxe e valentía que as de penas e tristezas, porque as persoas demostraban un gran valor contándolle a esta xente cousas moi importantes. 
Eu o cambio que lle faría sería cambiarlle o título por un no que se explique mellor o que pode encontrar o lector. Á parte do contido e deste cambio, o libro foi fácil de ler e enténdense a maioría das palabras que se encontran nel, o único pero que lle vexo é o do contido e ningún máis.

Diego Gutiérrez Castiñeiras (3º)