Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



jueves, 12 de diciembre de 2013

Balda de Libros (XIX): Trampa de Luz, de Agustín Agra



Este libro gustoume moito, porque ten un toque misterioso que lle dá moita intriga ao libro. 

Para min o momento máis importante do libro foi cando Irene comezou a ler o libro ese tan antigo que tiña seu pai. Se Irene no lera ese libro, esta historia só sería sobre os seus safaris fotográficos.

Para min este libro está moi ben, e non lle faría ningún cambio, porque está moi ben escrito, gustame moito e mais é moi fácil de entender. Hai palabras que non entendo deste libro, pero polo resto é moi fácil de entender.

Diego Gutiérrez Castiñeiras (3º ESO)

Eu collín este libro porque me pareceu interesante o título e a portada pero cando o lin decateime de que non era así. Polo título pensei que ía ser de terror pero a medida que ía lendo decateime de que era de misterio.

Para min o momento mais importante do libro foi cando apareceu o rapaz das badaladas. Porque foi o que cambio a historia do libro. Eu porialle outro final porque non me gusta como acaba.

De todos os personaxes o que mais me gustou foi o pai de Irene, porque me parece un moi bo pai , culto e preocupase moito pola súa filla. 

A min este libro non me gustou, porque creo que é moi difícil de comprender, ten unha linguaxe moi culta para a miña idade.

Adrián Recouso Pena (3º ESO)

O libro Trampa de Luz, a pesar de que é delgado e ten poucas páxinas, é un libro moi difícil de entender. Sobre todo na parte do medio, cando explican o que lle acontece aos animais. Penso que algunhas das palabras que contén o libro son difíciles de saber o seu significado. Por exemplo: caxancrán.

Pensei que o libro trataba sobre a natureza porque na súa portada aparecen unhas árbores, pero sorprendeume moito que se lle introducise un pouco de misterio e de medo. O final non o entendín nada.

A parte que máis me gustou foi a do rapaz da campá. Porque é cando hai máis misterio. Cando paraba de ler o libro quedábame coa intriga sobre o que ía acontecer despois. Cambiaríalle o final polo que puxen eu porque desaparece o misterio e deixa de investigar, e no meu final segue o misterio e o medo que hai na metade do libro.

Daniel González Iglesias (3º ESO)

Balda de Libros (XVIII): O país adormentado, de Xabier P. Docampo



O libro para o meu gusto estivo moi ben, moi entretido. Moitos personaxes, iso si, e eu perdíame algunha que outra vez, pero era moi interesante e non podías parar de ler sen pensar no seguinte capitulo ou no que acontecería a continuación.

Para min o momento máis importante do libro é cando Aurora se atopa con Val, porque se non é por eles dous non habería conto, xa que Aurora era a única que coñecía o segredo e Val era o único que coñecía o maneira de usar ese segredo.

Faría só un cambio, que sería que non houbese tantos personaxes como hai no conto, porque había momentos no conto que me perdía ou non sabía quen era quen.

O libro era fácil de entender, algunas palabras raras pero nada máis.

Adrián Ríos González (3º ESO)

Balda de Libros (XVII): A Pomba e o Degolado, de Fina Casalderrey



A min este libro gustoume moito porque parece unha historia real, tamén porque me gusta como se desenvolve a historia ao longo do libro. E tamén que o título do libro é moi importante para o libro xa que o o título é a base da historia.

Hai moitos momentos importantes no libro pero o que máis me gustou foi cando André foi ver ao seu avó á habitación e se puxo a falar con el de cómo coidaba aos páxaros, como se utilizaba internet, de que conocera unha rapaza que se chamaba A Pomba e non podía parar de falar. Tamén me pareceu importante cando André lle deu as grazas ás persoas que asistiron ao funeral do seu avó. Gustáronme máis porque son un dos momentos máis sentimentais do libro é tamén porque o así o rapaz aprende a que non se pode ter todo o que queres na vida.

Eu non faria ningún cambio, penso que está ben feita así. A lingua é fácil de entender porque utiliza vocabulario simple como o que utilizamos nós.

Sonia Pumar Muíño (3º ESO)

Balda de Libros (XVI): As mans do medo, de Xosé Miranda



A miña valoración persoal é boa, gustoume este libro porque non ten palabras difíciles de entender e ademais ten unha linguaxe comprensible e fácil en xeral.
A historia que máis me gustou é a da ''Neve e a Cadeira'' porque o rapaz foi valente e quixo escapar do monstro, e marchou sen a súa cadeira, algo que demostra que aquel rapaz tiña forza de vontade e creo que quería demostrar que aínda que fose discapacitado daba igual, que non tiña fronteiras.
A verdade non faría moitos cambios, quizais dalgunhas palabras, que me parecen que non son entendibles; pero nada máis, porque o libro en si gustoume moito e é moi entretido de ler, os relatos engánchante fácilmente e non queres deixar de lelos. 
Realmente este libro encantoume, porque os relatos son curtos e moi entretidos, creo que o autor debería facer algúns libros máis destes, porque a maneira que ten de contalos paréceme boa e fai que os relatos sexan máis amenos.

Noelia Casas García (3º ESO)

Cada xoves denunciamos as situacións de sexismo e desigualdade



Con el fin de poner de relieve el grado de desigualdad de género que existe en el mundo, la ONU ha lanzado una campaña usando datos recogidos de las búsquedas más frecuentes de Google que contienen la palabra "mujeres".

Si se teclea en una búsqueda de Google las palabras "women shouldn't" ("las mujeres no deberían"), la herramienta de autorelleno sugiere que los términos que sigan a esos sean frases o verbos como "tener derechos", "votar" o "trabajar", informa RT.

Estas son las frases que ha empleado la ONU Mujeres, una entidad del organismo internacional que trata cuestiones de género, en su última campaña.

Otras de las oraciones que aparecen en la campaña sobre fotografías de distintas mujeres en una ventana de búsqueda de Google son: "Las mujeres no pueden conducir", "las mujeres deberían quedarse en casa" o "las mujeres necesitan ser controladas".

El motor de búsqueda con la función de relleno automático en español también muestra resultados sexistas y homófobos. Así, si uno escribe "las mujeres necesitan…", Google ofrece entre sus opciones "sentirse deseadas" o "atención".