Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



jueves, 12 de diciembre de 2013

Balda de Libros (XIX): Trampa de Luz, de Agustín Agra



Este libro gustoume moito, porque ten un toque misterioso que lle dá moita intriga ao libro. 

Para min o momento máis importante do libro foi cando Irene comezou a ler o libro ese tan antigo que tiña seu pai. Se Irene no lera ese libro, esta historia só sería sobre os seus safaris fotográficos.

Para min este libro está moi ben, e non lle faría ningún cambio, porque está moi ben escrito, gustame moito e mais é moi fácil de entender. Hai palabras que non entendo deste libro, pero polo resto é moi fácil de entender.

Diego Gutiérrez Castiñeiras (3º ESO)

Eu collín este libro porque me pareceu interesante o título e a portada pero cando o lin decateime de que non era así. Polo título pensei que ía ser de terror pero a medida que ía lendo decateime de que era de misterio.

Para min o momento mais importante do libro foi cando apareceu o rapaz das badaladas. Porque foi o que cambio a historia do libro. Eu porialle outro final porque non me gusta como acaba.

De todos os personaxes o que mais me gustou foi o pai de Irene, porque me parece un moi bo pai , culto e preocupase moito pola súa filla. 

A min este libro non me gustou, porque creo que é moi difícil de comprender, ten unha linguaxe moi culta para a miña idade.

Adrián Recouso Pena (3º ESO)

O libro Trampa de Luz, a pesar de que é delgado e ten poucas páxinas, é un libro moi difícil de entender. Sobre todo na parte do medio, cando explican o que lle acontece aos animais. Penso que algunhas das palabras que contén o libro son difíciles de saber o seu significado. Por exemplo: caxancrán.

Pensei que o libro trataba sobre a natureza porque na súa portada aparecen unhas árbores, pero sorprendeume moito que se lle introducise un pouco de misterio e de medo. O final non o entendín nada.

A parte que máis me gustou foi a do rapaz da campá. Porque é cando hai máis misterio. Cando paraba de ler o libro quedábame coa intriga sobre o que ía acontecer despois. Cambiaríalle o final polo que puxen eu porque desaparece o misterio e deixa de investigar, e no meu final segue o misterio e o medo que hai na metade do libro.

Daniel González Iglesias (3º ESO)