Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



jueves, 12 de diciembre de 2013

Balda de Libros (XVIII): O país adormentado, de Xabier P. Docampo



O libro para o meu gusto estivo moi ben, moi entretido. Moitos personaxes, iso si, e eu perdíame algunha que outra vez, pero era moi interesante e non podías parar de ler sen pensar no seguinte capitulo ou no que acontecería a continuación.

Para min o momento máis importante do libro é cando Aurora se atopa con Val, porque se non é por eles dous non habería conto, xa que Aurora era a única que coñecía o segredo e Val era o único que coñecía o maneira de usar ese segredo.

Faría só un cambio, que sería que non houbese tantos personaxes como hai no conto, porque había momentos no conto que me perdía ou non sabía quen era quen.

O libro era fácil de entender, algunas palabras raras pero nada máis.

Adrián Ríos González (3º ESO)

No hay comentarios: