Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



Amosando publicacións coa etiqueta novela negra. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta novela negra. Amosar todas as publicacións

mércores, 28 de novembro de 2012

Concurso sobre Novela Negra. Derradeira semana!!

As derradeiras preguntas 

(Semana 26 - 3)



16. Cal foi a primeira comisaria negra da narrativa castelá?

17. E a primeira obra premiada? En que certame?

18. Cantas mulleres escritoras coñeces deste xénero? Por que é un mundo de homes? Cal é o seu papel nas obras? Cantas detectives coñeces? En que época xorden? Por que?

19.  Encontras algunha relación entre Sherlock Holmes e o doutor House? Cal?

20.  Compara a novela de enigma coas series de tv actuais. Podemos tamén establecer algunha relación coa evolución da medicina tradicional e a actual?

martes, 20 de novembro de 2012

Preguntas do concurso sobre Novela negra (3ª semana)



 11. Por que Dashiel Hammett denomina a cidade onde traballa algún detective seu Poisonville? Coñeces  algunha obra súa?

12. Sabes quen é William Faulkner? Que relación ten coa novela negra? Con que director traballou?      Coñeces algunha outra obra deste director? 

13. Levada ao cine O soño eterno, quen a protagonizou? Quen é autor desta novela? Que aporta este autor a esta serie de obras?

14. Quen dirixiu a obra de Cormac McCarthy Non é país para vellos? Que outra obra negra adaptaron? De que autor? Con que título?

15. Se en Galicia non hai grandes cidades, como puido xurdir a novela negra? Cales son os temas tratados? Coñeces algún destes autores? E das súas obras?

luns, 12 de novembro de 2012

Concurso sobre Novela negra (Semana 12 - 19 de Novembro)

Aquí vos deixamos as seguintes 5 preguntas do concurso. Agardamos que vos vaiades animando, xa hai xente q anda niso....

6.  Quen foi o iniciador da novela de enigma? Que autores ou autoras coñeces deste xénero?

7.  E da negra? De onde lle sae o nome?

8.  Por que non hai novela negra onde hai ditaduras?

9.  Encontras relación entre as grandes cidades gandeiras do “salvaxe” Oeste e as cidades da serie negra?

10. Que provocou a Lei Seca nos EEUU? Sabes de que se trata? Liches algunha obra con este tema? Viches algunha película?

martes, 6 de novembro de 2012

Concursando en 3,2,1....XA!!!!

Dende a semana pasada, unha exposición sobre a Novela negra pode ser vista no pasillo central, elaborada polo IES Alexandre Bóveda de Vigo. Agardamos que vos anime a ir adentrándovos no mundo do misterio e crime, claves deste xénero novelístico. Boa mostra son as novelas de Estudio en Escarlata. Una novela de Sherlock Holmes, de Arthur Conan Doyle,  que están a ler os de 1º de ESO, Diez negritos, de Agatha Christie,  que están a ler os de 2º, e O can dos Baskerville, do dito autor,  que están a ler os membros do club de lectura de 3º e 4º (Lembrade  que temos a primeira reunión o venres 23, e que comentaremos os 8 primeros capítulos).

Pois imos propoñervos un concurso de preguntas e respostas sobre os contidos da exposición.As respostas están nos propios paneis maioritariamente, mais algunhas cuestións tamén deben ser investigadas. Non podería ser menos, tratándose deste xénero detectivesco. Iremos colgando varias preguntas cada unha das vindeiras semanas. Podedes contestalas aquí no blog ou na caixa que a tal efecto poñeremos no pasillo. O alumnado que acerte máis preguntas ao final do concurso, levará un agasallo relacionado cos contidos do mesmo e/ou material escolar. Haberá vari@s premiad@s.

Aí van as primeiras 5 preguntas para esta semana. Acéptanse respostas ata o día 12 de Novembro, luns, á hora do recreo. Ese mesmo día colgaremos as seguintes 5 preguntas.

PREGUNTAS CONCURSO (Semana 6 - 12 de Novembro)


1.  Quen utilizou por primeira vez as pegadas dixitais? En que época?
2.  Poden xurdir novelas policiais en zonas rurais? Por que?
3.  Que é a Axencia Pinkerton? Coñeces algún detective dela? Busca información sobre a súa importancia       na época. E algunha outra obra que faga referencia a ela?
4.  Por que algúns relacionan este tipo de novela co “salvaxe” Oeste?
5.  Serías quen de establecer as principais diferenzas entre a novela de enigma e a negra?