Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



jueves, 9 de diciembre de 2010

Sobre a Asociación "Os xeitosos de Trazo"


Xa tod@s coñecemos a@s artistas que conforman este afamado grupo con tanto xeito, que bailan, tocan e fan festa alí onde se lles deixe, como tivemos ocasión de comprobar no pasado Magosto.

Para saber máis sobre el@s, pedímoslle a Adrián Paz (3º ESO), quen forma parte do grupo, que nos fixera chegar unha reseña sobre a asociación, contando un pouco a súa historia.

Este foi o documento que nos fixeron chegar hoxe "Os xeitosos" (e xeitosas, ou non?)

A finais do ano 1979, por iniciativa municipal, fórmase en Trazo unha escola de gaitas. Meses máis tarde empézanse a dar clases de baile tradicional. Este é o comenzo do que hoxe é a asociación cultural “Os xeitosos de Trazo”.

Na actualidade a asociación reparte a súa actividade en escola de baile, escola de gaitas e escola de pandereteiras. No seo da asociación tamén se están dando cursos de acordeón e de baile para maiores. No ano 2008 presentaron o seu primeiro disco chamado “Con moito xeito” no que recollen unha parte do repertorio da banda de gaitas e das pandereteiras.

“ Os xeitosos” contan no seu currículum ao longo destes trinta anos de vida con numerosos premios acadados en concursos de baile tradicional e pandeireta, actuacións en boa parte da comunidade, intercambios con grupos do resto do país (León, Salamanca, Valladolid, Asturias, País Vasco…) e en Portugal. No ano 2009 participaron no Festival “Intercelticu Beltaine” en Avilés e no “Intercéltico de Saint-Loup” na Bretaña francesa.