Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



jueves, 8 de mayo de 2014

Hoxe de novo: 2 x 1 pola igualdade

Como o xoves pasado foi 1 de Maio, e festivo, colgamos hoxe dúas boas novas de cara á igualdade real entre mulleres e homes no apartado semanal do blog "Xoves pola igualdade"

A primeira. Queremos presentarvos a unha muller nun mundo de homes: entrenadora dun equipo de 2º división na Liga en Francia: Helena Costa.

"Ella es la excepción que todas esperan que se haga regla. Esta portuguesa de 36 años reemplazará a Régis Brouard en el banquillo, según anunció en un comunicado el Clermont. Primera mujer en dirigir a un conjunto profesional masculino, el Clermont Foot 63, de la Segunda división francesa.

El club galo cuenta con Costa para la próxima temporada. Y ella está más que preparada para tomar esa responsabilidad: como nadie, se graduó con las mejores calificaciones en Ciencias del Deporte en Lisboa, y como todas, pasó los cursos de entrenador y sus correspondientes exámenes. Hasta hizo unas "prácticas" en el Chelsea de Mourinho, de quien dicen le sirve de inspiración. Poco a poco demostró que, desde el banquillo, el fútbol se analiza igual en masculino que en femenino. Por eso llegó a la selección de Qatar, y a la de Irán, después de adquirir confianza y títulos con las categorías inferiores del Benfica y ser ojeadora para el Celtic de Glasgow."

Aquí a noticia completa

A segunda. David contra Goliath (se non coñeces a estes personaxes, xa que a súa historia che permitirá entender a metáfora, pincha aquí): Antonia Ayres - Brown

"La joven estudiante norteamericana Antonia Ayres-Brown ha conseguido después de cinco años de insistencia que la cadena de restaurantes McDonald’s se comprometa a que sus empleados abandonen la presunción de que hay unos regalos “para niños” y otros “para niñas”."

Aquí a historia completa





Balda de Libros (LVI): O achado do castro, de Manuel Núñez Singala



Este libro gustoume moito, sobre todo cando Caleno, un ladrón, se facía pasar polo sabio Citrón e recitáballe varios versos inventados por el, algún como: Polo rius abaixus vai unha troitae de pé, e logo, este traducíalle a: Ulises que me dises; ou tamén como: Magis vale semper tarde ca nuncae, e traducíallo a: Abride a porta me cago en diola que teño présa. Son moi graciosos, sobre todo, porque o Emperador de Roma non se dá conta do que está a escoitar.

Unha cousa bastante peculiar é que ten un presentador que actúa como o director da obra, e por veces, para a representación para explicar algunhas características sobre os personaxes ou o que pensan nese momento.

Polo resto, paréceme un libro moi fácil de ler e enténdese moi ben. De feito, recomendaríallo a calquera persoa.

Belén García Lijó (4º ESO)

Gustoume moito este libro, fíxome moita gracia a escena onde o pobre Soldado 2 perdeu a perna sen facer nada, foi un pouco inxusto pola parte do Emperador. 

Outra escena que me gustou foi cando o falso Citrón se inventaba as historias cando lle tiña que ler ao Emperador e el aínda máis parvo que lle cría. 

O amor entre Carmiña e Manolitus é puro, inxenuo, e ás veces un pouco cursi. Os ladróns son algo listos pero non tanto, son moi parvos. Pero está moi ben, sinxelo de ler, entretido e humorístico.

Esta obra utiliza algunhas expresións modernas pero modificadas, dándolle un aspecto cómico e divertido ao ler.

Luisa Fernanda Marín Echeverri (4º ESO)


Este libro, O achado do castro, gustoume xa que se desenvolve na Antiga Roma, tamén porque Catulo e Caleno, que son dous personaxes da historia quérenlle roubar ao Emperador o medallón, que era o símbolo do Imperio.
Tamén porque o escravo descobre que Catulo e Caleno están no pazo do Emperador, pero logo o escravo é intoxicado por unhas uvas... E así máis historias que están ben.
A  acción da obra desenvólvese na época dos romanos. Tamén ao longo da obra hai varias referencias a cancións populares galegas.
Os personaxes, hai algúns que son máis poderosos que outros por exemplo: o Emperador que tiña  poder absoluto en cambio Catulo e Caleno non teñen poder ningún xa que son dous ladróns que están roubándolle cousas aos demais como o medallón ó Emperador pero o final non  foron capaces de lla roubar.
Así vendo como son os personaxes podedes ter unha referencia da historia ou imaxinala.
O vocabulario é fácil de entender, ten poucas palabras descoñecidas.

Recomendaríao lelo porque hai varias cousas coas que podes aprender como por exemplo a non ter faltas de ortografía etc, que son moi usadas na vida cotiá,  con está só ler un libro, lelo rápido e enténdese perfectamente ben a historia.

Margarita Pombo Castro (4º PDC)

Balda de Libros (LV): Matalobos, de Raúl Dans



O libro gustoume moito porque é entretido, fácil de ler.
Este libro lese rápido. Gústame o tema que trata. Porque trata de que hai persoas que che dan a súa palabra e despois non a cumpren. Os que non a cumpren acaban recibindo un castigo pola outra persoa.
A historia é entretida porque as personaxes están relacionadas entre si e algún deles nin sequera o sabe.  
A escena que máis me gustou é a do final porque se sabe a verdade. 
Non cambiaría ningún personaxe porque encaixan moi ben.
Gústame máis o final do libro porque está máis traballado.
Ten un vocabulario fácil.
Recomendo lelo, porque é un libro distinto, é de teatro. Os libros de teatro non se fan tan aburridos porque falan entre eles.
Iria Fajín Casas (4º PDC)

Balda de Libros (LIV): O triángulo escaleno, de Xosé Agrelo Hermo


Este libro é de teatro, consta de tres actos. A historia trata sobre Marta e Verónica que viven as dúas nun piso, o piso é de Verónica. Elas querían outra persoa máis no piso xa que había unha habitación baleira e é cando chega  Brais, o novo inquilino do piso no que  vivirán os tres e pasarán moitas cousas....
Ten só tres personaxes Verónica que é alegre, cariñosa,  desordenada, encantadora, Marta é o contrario  de Verónica é seria, ordenada, protectora, e Brais  é serio, tímido, triste, calado, culto etc.

É sinxelo de comprender, con vocabulario apropiado para ser comprensible nesta historia, que é pequena.
O que máis me gustou foi cando se deron entre si uns agasallos porque así tansmitían a súa amizade.
Este libro recoméndoo ler xa que é bo de entender, lese rápido e tamén é entretido unha vez que te pos  queres saber o que pasará...
Margarita Pombo Castro (4º PDC)

Este libro a min gustoume, porque ten un argumento bo de entender, de problemas da mocidade. Ademais é curto, e fácil de ler. Podía ter algún que outro personaxe máis.

O vocabulario é fácil, só ten algunhas palabras difíciles de entende, para min este é o libro que máis fácil a nivel de vocabulario que lin. 

Eu cambiaríalle o final, no que Brais marcha e Verónica e Marte volven para a aldea, a traballar na botica do pai de Verónica, se tivera un no que acaba doutra maneira se cadra á xente gustáballe máis, e líano moitas máis persoas.

Brais Rey Calviño (4º PDC)