Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



xoves, 8 de maio de 2014

Balda de Libros (LIV): O triángulo escaleno, de Xosé Agrelo Hermo


Este libro é de teatro, consta de tres actos. A historia trata sobre Marta e Verónica que viven as dúas nun piso, o piso é de Verónica. Elas querían outra persoa máis no piso xa que había unha habitación baleira e é cando chega  Brais, o novo inquilino do piso no que  vivirán os tres e pasarán moitas cousas....
Ten só tres personaxes Verónica que é alegre, cariñosa,  desordenada, encantadora, Marta é o contrario  de Verónica é seria, ordenada, protectora, e Brais  é serio, tímido, triste, calado, culto etc.

É sinxelo de comprender, con vocabulario apropiado para ser comprensible nesta historia, que é pequena.
O que máis me gustou foi cando se deron entre si uns agasallos porque así tansmitían a súa amizade.
Este libro recoméndoo ler xa que é bo de entender, lese rápido e tamén é entretido unha vez que te pos  queres saber o que pasará...
Margarita Pombo Castro (4º PDC)

Este libro a min gustoume, porque ten un argumento bo de entender, de problemas da mocidade. Ademais é curto, e fácil de ler. Podía ter algún que outro personaxe máis.

O vocabulario é fácil, só ten algunhas palabras difíciles de entende, para min este é o libro que máis fácil a nivel de vocabulario que lin. 

Eu cambiaríalle o final, no que Brais marcha e Verónica e Marte volven para a aldea, a traballar na botica do pai de Verónica, se tivera un no que acaba doutra maneira se cadra á xente gustáballe máis, e líano moitas máis persoas.

Brais Rey Calviño (4º PDC)

Ningún comentario: