Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



venres, 29 de maio de 2015

Andel de Libros (XXX) : Fantasmas de luz, de Agustín Fernández Paz



O libro a min persoalmente gustoume moito. O título e a portada xa me chamaron a atención, porque o título Fantasmas de luz pareciame un pouco raro e na portada aparecía un home invisible rodeado de persoas que non eran invisibles.

Gústame porque un dos temas que trata o libro é a marxinación social que senten algunhas persoas. Tamén me gustou o tema do cine, que falase das películas e que tamén falase algo de si mesmo. Este libro engancha porque ten momentos de intriga e de emoción, xa desde o principio. Un momento de intriga e emoción foi cando entraron na casa onde había máis xente invisible pero que alí na casa si que se vía.

Para min o momento máis interesante do libro foi cando recibe a carta do seu xefe para falar con el, porque nunca recibira unha igual na súa vida. Este libro recomendariallo a xente que lle gusta ler e que lle gusten que traten os temas sociais como é a discriminación por cor, raza, sexo… dunha forma humorística.

José Luís Mirás Otero (3º ESO)