Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



jueves, 24 de noviembre de 2011

É tan claro como que 2 + 2 = 4!!

Na parella: iguais en dereitos, iguais en deberes. Iguais no respeto. Iguais á hora de disfrutar, de escoitar e ser escoitad@s, de acompañar e ser acompañad@s.

En igualdade tod@s gañamos.

Nin víctimas nin verdugos.

Sen violencia gozarás máis (e mellor).


25 de Novembro

Día internacional contra a violencia na parella

Foto vista en : http://estereotiposdexenero.blogspot.com

Día das Librarías, mañá venres 25 de novembro



(Foto da Libraría Lello, de Porto, Portugal. Unha das librarías máis fermosas do mundo)


A Federación de Libreiros de Galicia organiza mañá venres 25 o primeiro Día das Librarías.

Esta efeméride celébrase en todas as comunidades o Estado, na nosa en colaboración coa Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.

A xornada, que pretende consolidarse cada derradeiro venres do mes de novembro, nace coa intención de reivindicar a importancia destes establecementos na difusión da cultura e do coñecemento. Os establecementos que participan no evento estarán abertos ata as 22 horas e ofertarán descontos de ata un 5%, polo que é unha boa oportunidade para adquirirmos ese libro que queremos mercar. Alén diso, todas as librarías pretenden desenvolver unha actividade común que consistirá na lectura dun texto elixido polos libreiros, para alén das actividades que desenvolva cada un dos diferentes establecementos.




Conta de Libros (II): Aire negro, Agustín Fernández Paz




Aire negro, Agustín Fernández Paz. Col. “Fóra de Xogo”, Xerais







O libro de Aire Negro pareceume moi emocionante. Sobre todo o que máis interesante me pareceu foi cando Laura comezou a facer o relato do acontecido.
O momento que a min me pareceu máis interesante foi a aparición ou a descrición de como era a Gran Besta, porque eu pensaba que se trataba dun animal de verdade.
Foi un conto entretido.
O personaxe que mellor me pareceu foi Víctor porque se comportaba como un doctor que era, non se detiña ante ningunha ocasión, quería levalo ata o final.



Margarita Pombo Castro (3º)





A min, o libro Aire negro gustoume. Aínda que por exemplo, eu segundo ía lendo o libro, non me imaxinaba que, ó final, Laura a consecuencia do apagón se fugase da clínica, eu imaxinaba que se curaría porque ó primeiro, o doutor, dicía que Laura ía avanzando.
O que menos me gustou do libro foi cando mataron a Dédalo e acoitelaron a Iria, porque Dédalo, semellaba ser un bo can, porque salvoulle a vida a Laura, tampouco me gustou que acoitelasen a Iria porque aínda era moi nova.
O que máis me gustou do libro foi cando descubriron que Iria estaba viva e que finalmente se curara.

Alicia Veiras Noya (3º)





Gustoume este libro xa que o medo encántame. O único que non me gustou moito foi o final.
Admito que quizais ao principio aburriume un pouquiño: na presentación, cando o doutor vai á clínica…
A parte que máis me gustou foi a de cando a nube negra perseguía a Laura polo bosque ata o descampado, xa que me daba bastante medo, aínda que, esperaba outra cousa e non que despois do raio non se acordara de nada e espertase no hospital.
O personaxe que máis me gustou foi Carlos, aínda que non sei moito por que, pareceume curriño.




Rocío Villasenín Bello (3º)





Para min o momento mais interesante é cando Adrián, armado co seu revólver e unha lanterna, decide baixar pola trapela, despois de todo o que vivira nesa casa.

A min o libro pareceume moi interesante, é un libro que te convida a ler e non te deixa parar. Porque cada dous por tres aparece unha cousa nova e máis intrigante que a anterior.
O libro gustoume moito, aínda que me gustaría saber o que hai de verdade debaixo da trapela.

Para min o libro non foi moi difícil de ler. O vocabulario non é moi difícil, e a lectura é moi entretida. Ata a parte en que Adrián compra a casa embruxada e lle comezan a suceder cousas estrañas non me enganchei, pero despois si. O libro en xeral foi fácil de ler.



Martín Calviño Vicente (3º)


Para min a mellor parte do libro foi cando se reencontraron Laura e Carlos por segunda vez xa que é unha parte bastante bonita e emotiva.
A min o libro gustoume moito, xa que me enganchou desde o principio porque é un libro que te deixa con intriga ao final de cada capítulo ademais de que é unha historia de ciencia-ficción e misterio que son as historias que me gustan.
A min gustaríame que o libro acabara encontrando alguén a Laura ou que Víctor seguira co seu traballo e non se dera por vencido. O libro ten un vocabulario que se entende ben.

Diego González Viqueira (3º)

Tal día coma hoxe...

Tal día como hoxe, hai 20 anos, morría na súa casa da luxosa rúa de Knighsbridge o solista da banda de rock británica Queen, lonxe dos flashes e a atención mediática que o perseguiron nos multitudinarios concertos e un día despois de anunciar que padecía sida.
“Freddie Mercury faleceu pacificamente esta noite na súa casa de Kensington, en Londres. A súa morte é resultado dunha broncopneumonía causada pola sida”, informou entón o seurepresentante nun conciso comunicado.
Este fillo do Imperio británico, nado en Zanzíbar (Tanzania) e criado na India, deixou atrás h imno s c omo I want to break free, Don’t stop me now ou Bohemian rhapsody, cantados coa súa Farrokh Bulsara. Nos seus tempos mozos cambiou ese nome polo de Freddie e, cando xa se dedicaba á música, substituíu o seu apelido.
A carreira de Freddie Mercury, un home culto que adoraba a ópera e estudou debuxo e deseño,
estivo sempre unida ao guitarrista Brian May e ao batería Roger Taylor, cos que formou Smile en 1967, e ao baixista John Deacon. Os catro crearon en 1971 Queen e gravaron doce álbums de estudo, entre eles os primeirizos e aclamados Sheer heart attack (1974) e A night at the opera (1975).
Dúas décadas logo da morte de Mercury, os fans non poderán prestar hoxe tributo en ningún cemiterio, xa que o corpo foi incinerado en Londres e as cinzas esparexidas nun lago suízo.
Voz única, cun rexistro de varias oitavas, e interpretadas de forma teatral e operística, ata crear un estilo imposible de imitar. Algúns copiaron a Freddie Mercury, pero ninguén foi capaz de emular a personalidade arrebatadora e carismática en escena deste showman de grandes dentes, que se converteu nunha das iconas dos 80 a pesar de ser tímido.
O cantante de The great pretender e We will rock you declarouse abertamente homosexual.
Coas súas espectaculares postas en escena, Queen transformou a música dos 70 e 80 e vendeu máis de 370 millóns de discos, a maioría logo da morte do seu cantante, quen nacera o 5 de setembro de 1946 en Zanzíbar, fillo dun funcionario británico.

Artigo visto no Xornal De Luns a Venres: http://www.galiciae.com/


We are the Champins converteuse nun himno nos últimos anos, coñecido e tarareado por tod@s, pero se queres escoitar outras xoias deste que deron en chamar "Deus do rock", en Youtube dispoñen dun canal exclusivo deste artista. Aquí:


Recomendamos todo, pero por destacar algunha: Love of my life e Don't stop me now. Encantad@s de escoitar as vosas recomendacións.