Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



lunes, 16 de marzo de 2020

Book tráiler (LIX): "A punta de pistola", de Fran Alonso. Realizado por Nerea González Rey



Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela A punta de pistola, de Fran Alonso (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2012). Realización youtubeira: Nerea González Rey, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



Conta de Libros (XXIX): A viaxe de Gagarin, de Agustín Fernández Paz



A viaxe de Gagarin é un libro ambientado na década dos sesenta, en plena ditadura franquista, na cidade da Caruña. É a historia dun rapaz, Miguel, apaixonado polos descubrimentos no espazo, de aí o seu alcume que lle dá título á novela, Gagarin. Miguel vive cos seus pais, os cales agochan algo que lles vai cambiar a vida.
O tema paréceme interesante posto que mostra como era a vida nesa restrictiva etapa histórica.

O momento máis importante da narración, na miña opinión, é cando Miguel se namora dunha rapaza nova na vila. Mestura a vida cotiá dun mozo cos problemas persoais da súa familia, facendo a trama moito máis entretida.

En canto ós personaxes, o que máis me gustou foi o principal, Miguel. Está moi ben caracterizado tanto na época como na súa idade.

O final gustoume xa que non é o que esperaba e non lle faría ningún cambio, tampouco no desenvolvemento.

A linguaxe é moi sinxela e comprensible, polo que a lectura, a pesar de ter bastantes páxinas, se fai moi amena.

Recomendo esta lectura xa que a min me gustou e ademais, axúdache a coñecer a situación do pasado.

Paula Noya Redondo (4º ESO)

Conta de Libros (XXVIII): Morning Star, de Xosé Miranda





Morning Star é unha novela que trata sobre un misterio. Desenvolve un tema moi emocionante, xa que nela cóntase principalmente a vida de Lourenzo, a cal tras a morte de súa nai dá un gran xiro, ao verse moi involucrado nos asuntos de seu pai e o amigo deste Lázaro Rivadulla.

O momento máis importade deste libro para min é cando Lourenzo ve por primeira vez a seu avó, xa que este e seu pai non se levaban nada ben desde que o pai de Lourenzo, Lourenzo os abandonou por roubar xunto coa súa gavela.

Os personaxes que máis me gustaron, aínda que dende a miña opinión todos tiñan unha personalidade difícil de captar, foron Helena, a rapaza á que Lourenzo salva da morte e o avó de Lourenzo. Parécenme os dous uns personaxes necesarios para este libro, porque achegan normalidade á loucura que ocorre na trama.

Non lle faría ningún cambio a esta narración, todo é moi axeitado e ten uns xiros inesperados que lle dan á trama un toque moi intrigante, que fan que o lector teña ganas de seguir lendo o libro.

O final pareceume moi bo, é un final feliz, aínda que me gustaría que Tomás das Congrostas saíse do cárcere e estivera con Lourenzo.

Se de verdade che gustan os libros de misterio, que causen intriga e che enganche coas tramas, recoméndovos esta lectura.

Ahinoa Antelo Rodríguez (4º ESO)

Este libro gustoume moito. O momento máis importante dende a miña opinión, foi a fuxida de Helena e Lourenzo, xa que estaban fuxindo da gavela da que el formaba parte, xunto con seu pai e o seu mellor amigo, Lázaro. Foi un momento de tensión e intriga. 

O momento máis triste foron as mortes dos pais de Lourenzo, tanto a da nai coma a do pai foron moi dolorosas, a da nai por unha enfermidade e a do pai por salvar ao seu fillo.

O tema paréceme moi interesante e entretido. Toca moitos aspectos, os labores dun neno no campo, o amor por unha nai, o roubo, a amizade, o namoramento, o egoísmo... 

O meu personaxe preferido é Lourenzo, o protagonista, un neno que vive con seus pais nunha taberna e nunha aldea pouco transitada. É un rapaz traballador e moi boa persoa, se ledes esta novela, confirmaderíadelo. Por outra parte, o personaxe que menos me gustou foi Lázaro, unha persoa moi egoísta, que só quere a súa felicidade e diñeiro, polo que é capaz de facer calquera cousa.

O final gustoume, é bonito e está ben, ao igual que a lingua, resultoume bastante fácil de ler.

É unha narración que engancha e polo tanto, é bastante rápida de ler. Recomendoa, por todas as razóns anteriores.

Alba Rey Brea (4º ESO)

Este é o primeiro libro que leo deste autor e a verdade é que me gustou moito pola súa trama. É un tema moi interesante sobre todo se che gustan os libros de aventuras, por iso me gustou tanto e me resultou fácil de ler mais o vocabulario tamén me axudou a acabalo tan rápido.

É unha novela entretida e que engancha ou polo menos a min.

Os personaxes tanto principais como secundarios creo que todos teñen un papel importante e están ben elixidos. O meu personaxe preferido de feito é un personaxe secundario, Helena Rouco.

O momento que poida que máis me gustou foi cando fan a viaxe para levar a Helena xunto cos seus parentes.

O final gustoume pois é diferente, non lle faría ningún cambio a dicir verdade.

E por último dicir que volo recomendo e máis aínda se che gusta este tipo de temáticas.

Leticia Añón Guerra (4º ESO)