Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 13 de maio de 2014

Balbino en Xapón

"Eu son Balbino. Un rapaz da aldea. Coma quen dis, un ninguén"






Así comeza Memorias dun neno labrego, a xenial novela de Xosé Neira Vilas que vimos de ler no Club de lectura de 1º de ESO. Foi publicada en 1961 en Arxentina e traducida a varios idiomas. Está a prepararse unha nova versión en xaponés.

"Tadashi Yamamoto é un namorado da cultura galega (...) está a traducir ao xaponés unha das mellores obras da nosa literatura"   (Aquí podes ler a entrevista)