Hemos pasado por Mortadelo y Filemón, Mafalda, Supermán, entre otros, y como actividad final, hemos disfrutado con la película de Tintín y el secreto del unicornio, con los personajes "transformados" por ordenador, pasando del dibujo a...otra cosa, muy parecida a actores de verdad, pero no exactamente.
Amosando publicacións coa etiqueta comic b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta comic b>. Amosar todas as publicacións
xoves, 6 de abril de 2017
Tiempo de cómics en 1º de ESO
En las últimas semanas, hemos estado trabajando conjuntamente en clase de LCL y Plástica el mundo de las historietas, analizando las imágenes y el lenguaje visual; los planos, los distintos ángulos, las onomatopeyas, las metáforas visuales... Se han convertido en un@s pequeñ@s expertos, incluso han compartido sus análisis oralmente, delante de los compañeros y compañeras.
martes, 2 de decembro de 2014
Comics en 3D
Estes días andamos a falar de comics antigos en 1º de ESO e hai unhas semanas no Club de Lectura limos Persépole, unha obra importantísima e interesantísima do comic actual.
Sabiades que hai, ou había, comics en 3D ???
Mirade que fotaza:
Niños leyendo "Super Raton", el primer comic editado en 3D en Estados Unidos, en 1953
Sabiades que hai, ou había, comics en 3D ???
Mirade que fotaza:
Niños leyendo "Super Raton", el primer comic editado en 3D en Estados Unidos, en 1953
![]() |
| . Imaxe vista en Facebook (Literatura +1 ) |
mércores, 22 de maio de 2013
Coñecendo a Pedro (e a Judd)
En 1994 Pedro Zamora participa en ‘The Real World’, un
programa da MTV no que un grupo de persoas comparte casa durante 6
meses. Era un xoven de 22 años de orixe cubana, homosexual e seropositivo
dende os 17, que desexaba entrar para sensibilizar aos espectadores sobre a
prevención e loita contra a sida. Faleceu pouco despois de finalizar a rodaxe
a causa da enfermidade. A súa muerte conmocionou a todo un país, convertíndose nun símbolo de valentía e entrega aos demais. O escritor e debuxante Judd
Winick foi outra das persoas que participaron naquel programa,
chegando a ser un gran amigo de Pedro. Judd quiso rendirlle homenaxe
creando o cómic ‘Pedro y yo’, un emocionante testimonio de amizade e loita contra os prexuizos. No Club de lectura de 3º e 4º de ESO estamos a disfrutar desta lectura. Lembrade que temos reunión este venres no recreo da mañá. Para @s interesad@s en coñecer máis sobre o libro, hai varios exemplares á vosa disposición na biblioteca, a partir da vindeira semana.
xoves, 20 de decembro de 2012
Agradecemento de Alfredo López "Tokio"
O ilustrador Tokio (pseudónimo
artístico do biólogo mariño Alfredo López), que tivo un encontro connosco para
falar da novela gráfica Cabana
de Balieiros, enviounos esta mensaxe de agradecemento. Velaquí:
Olá:
Moitas grazas, fiquei moi contento do recibimento e da participación, tamén de saber que o conto deu que reflexionar e para debater, é o mellor premio!
Ademais agora xa sei onde está Trazo, volvín por Chaián, cantas lembranzas dos
traballos desenvolvidos no Tambre alá polo 1992.
Saúdos para tod@s.
Tokio
Saúdos para tod@s.
Tokio
mércores, 19 de decembro de 2012
Encontro con Alfredo López "Tokio", biólogo mariño e autor da novela gráfica Cabana de balieiros
Onte tivo lugar un encontro do alumnado de 3º, 3º PDC e 4º da ESO co autor de banda deseñada Tokio (pseudónimo artístico do biólogo mariño Alfredo López), para falar da novela gráfica Cabana de Balieiros, publicada por Demo editorial, e tamén da súa aprendizaxe e posterior evolución no mundo da ilustración.Lembrounos os seus primeiros debuxos no Instituto, as primeiras colaboracións en fanzines e revistas e xa logo como chegou a vivir profesionalmente do seu traballo como ilustrador científico.
Deseguida recuperamos un anaco da anotación de fixemos o curso pasado sobre a publicación da novela gráfica gráfica Cabana de Balieiros:
"No trailer as ilustracións aparecen con música de Manel Cráneo. Non debería faltar en ningún andel de libros e en ningún centro de ensino esta novela gráfica que conta unha historia de acción e aventuras ambientada na Costa da Morte durante o século XIX. Os trazos de Tokio son espléndidos, non o imos descubrir agora, e o guión está moi ben documentado, mesmo con referencias a acontecementos históricos como a traxedia do buque Serpent a carón do cabo Vilán (Camariñas)".
E moitas grazas a Alfredo López Tokio por se achegar ata Viaño Pequeño (Trazo) desde os nosos mares do Sur de Galicia.
xoves, 19 de xaneiro de 2012
Se estás a CREAR un comic...

...ou se de repente che parece unha boa idea, atopamos a desculpa perfecta para poñerse mans á obra.
Gústache debuxar?
Pasas as horas imaxinando historias fantásticas de superheroes, detectives, piratas, amoríos...?
Destapa todo o teu talento creativo e participa no CONCURSO DE CREACIÓN DE BANDA DESEÑADA convocado polo IES Perdouro de Burela (Lugo). Podedes participar por parellas ou individualmente, o tema é libre, o prazo de presentación das vosas creacións está aberto ata o 20 de Marzo e os premios son ben interesantes; se che gusta debuxar e ler comics, claro está.
Velaquí as bases do concurso:
martes, 17 de xaneiro de 2012
Se estás a ler un comic...
Parte do alumnado de 3º e 4º de ESO que se apuntou a ler Blankets (máis información abaixo á dereita, pinchando na portada do libro) estréase na lectura do formato comic. Tanto se eres novat@ como se non, ou se estás a ler calquer outro comic, invitámosche a botarlle un ollo a esta presentación BREVE sobre as características especiais q debemos ter en conta ante unha historia deste tipo.
Agradecemos a Cris San Martín do CEIP A Ramallosa esta presentación que tomamos "prestada".
Importante: para poder ler o texto sen problemas, facede click en "Expand" e logo facede click de novo encima do debuxo dunha carilla, na barra de ferramentas que sae arriba.
domingo, 20 de novembro de 2011
O atractivo Corto Maltés
No Club de lectura de 4º ESO lemos reunímonos a semana pasada para comentar La casa dorada de Samarkanda de Hugo Pratt, protagonizada polo heroe de comic Corto Maltés. Tod@s tiñamos a sensación de que nos faltaba información sobre o protagonista e outros personaxes que, parecía, tiñan aparecido noutras aventuras anteriores. Por iso dende a biblioteca quedamos en buscar información sobre a vida de Corto e as súas relacións amorosas e de amizade.Non deixedes de botarlle un ollo a esta web. Nela, dun xeito interactivo, podedes coñecer máis datos sobre Rasputín, o mellor amigo de Corto. Estes datos aclaran o inicio da súa relación, que nos resultaba tan extraña, dado o repulsivo comportamento que Rasputín desenvolve. Tamén aparecen outros personaxes dos que comentamos longamente na reunión.
Web do Corto Maltés en español: http://dreamers.com/corto
Tamén debatiamos sobre a orde de publicación dos libros. Podédela consultar nesa mesma web, aínda que unha máis clara ordenación e clasificación podédela atopar na entrada da Wikipedia sobre Corto Maltés: http://es.wikipedia.org/wiki/Corto_Malt%C3%A9s
Por último, para aquel@s que teñades ganas de coñecer máis sobre o mundo de Corto, atopamos esta presentación sobre o personaxe de Hugo Pratt no Youtube. Trátase dunha reflexión destacando a súa rebeldía e inadaptación como principio vital, o que o convirte nun personaxe case romántico, desafiando ás normas establecidas. Aquí:
http://youtu.be/zK8m_Bp62z4
Foto vista na Web de Corto Maltés en español : http://dreamers.com/corto
martes, 4 de outubro de 2011
Cabana de Balieiros, novela gráfica de Tokio
Velaquí un book-trailer ou video promocional da novela gráfica Cabana de Balieiros, do autor Tokio (pseudónimo de Alfredo López), publicada por Demo editorial. No trailer as ilustracións aparecen con música de Manel Cráneo. Non debería faltar en ningún andel de libros e en ningún centro de ensino esta novela gráfica que conta unha historia de acción e aventuras ambientada na Costa da Morte durante o século XIX. Os trazos de Tokio son espléndidos, non o imos descubrir agora, e o guión está moi ben documentado, mesmo con referencias a acontecementos históricos como a traxedia do buque Serpent a carón do cabo Vilán (Camariñas)
martes, 22 de febreiro de 2011
Propostas para o club de lectura 3º e 4º ESO

A ver, lector@s de 3º y 4º, ante o interese despertado por seguir compartindo tempos arredor dun libro, o cal aos profes que levamos o club fainos moi moi felices, imos propoñervos dous, a falta de un, para as próximas semanas....
O primeiro, El curioso incidente del perro a medianoche de Mark Haddon. Unha novela ben curiosa da que podedes obter información e opinións aquí, nunha páxina que se chama "Dimensión friki", casi ná!!
O segundo, un comic para adultos, visto o éxito de Maus, pero dunha temática totalmente diferente, xa que din que na variedade está o gusto, non é verdade? De sangre y ron, mi Cuba, de Fran Jaraba. Aquí vos deixo un enlace para que lle botedes unha ollada e vos animedes a apuntarvos ao club. Está sacado da páxina "Planeta comic".
Antes de despedirnos...un par de cousiñas....Para lectura de Maus, moit@s de vós apuntástevos e tivemos que comprar máis exemplares do libro para que houbese para tod@s, e finalmente non participastes na actividade. Intentemos ser un pouco máis consecuentes, xa que os cartos para a biblio non caen do ceo e se nos chega cos exemplares que hai, é tontería mercar máis exemplares dun mesmo libro, se logo non ides participar na actividade, non vos parece? Seguro que o entendedes, e o teredes en conta. Iso sí, encántanos compartir lecturas convosco, animádevos con estas propostas!! (Por certo, a devolver Maus, @s que aínda non o fixeches)
Podes apuntarte xa aquí, deixando un comentario, ou ben pasarte pola biblio, e así verás os libros, ou avisar aos profes que levamos o club. Grazas pola túa participación!
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)


