
...ou se de repente che parece unha boa idea, atopamos a desculpa perfecta para poñerse mans á obra.
Gústache debuxar?
Pasas as horas imaxinando historias fantásticas de superheroes, detectives, piratas, amoríos...?
Destapa todo o teu talento creativo e participa no CONCURSO DE CREACIÓN DE BANDA DESEÑADA convocado polo IES Perdouro de Burela (Lugo). Podedes participar por parellas ou individualmente, o tema é libre, o prazo de presentación das vosas creacións está aberto ata o 20 de Marzo e os premios son ben interesantes; se che gusta debuxar e ler comics, claro está.
Velaquí as bases do concurso:
3 comentarios:
Guatame está entrada, porque eu conozo a moit@s rapaces e rapazas que poderia ganar facilmente este concurso.
Pero esta ben esta informacion porque asi poderemos saber quen o organiza e tamen asta cando acaba o prazo de inscripción.
Ala Laura, pois aníma@s a tod@s a q se presenten. Se precisades axuda, consellos, opinións....pasádevos pola biblioteca!!
A min tamén me parece moi ben esta idea! Eu tamén coñezo moitos rapaces deste colexio que teñen moita imaxinación e que debuxan moi ben, aparte de que a min, personalmente, me encanta debuxar. O mellor aínda me animo!
Publicar un comentario