Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 27 de marzo de 2012

Novas propostas para os Clubs de lectura de 3º e 4º de ESO

Unha de piratas...

A primeira proposta é a novela A illa do tesouro/La isla del tesoro de Robert Louis Stevenson, unha xoia que ninguén que goste de ler debe deixar pasar. Piratas, tesouros, illas... AVENTURA CON MAIÚSCULAS. Tedes máis información abaixo, á dereita.





...e algo máis

A segunda proposta é Persépole de Marjane Satrapi, un cómic de referencia, excelente testemuño histórico dun pobo e dunha época. Máis información abaixo, á dereita.



Aproveitamos esta comunicación para facervos saber @s premiad@s este trimestre por seren "@s que máis comentan no blog". Ben sabedes que o premio é algo que custa pouco pero que para nós ten moito valor, o feito de saber que estades aí e nos ledes e comentades, facéndonos saber a vosa opinión, fundamental para avaliar o noso traballo na bilioteca. Á dereita podedes ver o ranking d@s que máis comentarios levan feito ao longo do curso, pero este trimestre.... repite Noelia Casas, de 1º de ESO, que xa foi unha das máis comentadoras no primeiro trimestre, e estréanse Cristina Deus e Laura Moar de 2º de ESO. Mulleres de novo, as tres. Que pasa cos homes? Non len? Non comentan? Grazas chicas, e pasade pola biblioteca que temos un agasallo para vós. E grazas a tod@s @s que colaborades comentando, que cada vez sodes máis. A partir de hoxe abrimos o prazo do terceiro trimestre...






Mensaxe do Día Mundial do Teatro 2012, polo actor e director John Malkovich



Publicamos a versión galega da Mensaxe do Día Mundial do Teatro 2012, escrita polo actor, director e productor John Malkovich, traducíndoa desde a revista de teatro Artezblai.

Mensaxe do Día Mundial do Teatro 2012
O Instituto Internacional do Teatro-ITI da UNESCO honroume coa súa petición de realizar esta mensaxe na conmemoración do 50 aniversario do Día Mundial do Teatro. Vou dirixir estas breves consideracións aos meus compañeiros do teatro, os meus pares e camaradas.
Que o voso traballo sexa convincente e orixinal. Que sexa profundo, conmovedor, reflexivo e único. Que nos axude a reflectir a cuestión do que significa ser humano e que o devandito reflexo sexa guiado polo corazón, a sinceridade, o candor e a gracia. Que superedes a adversidade, a censura, a pobreza e o nihilismo, algo ao que, de certo, moitos de vós estaredes na obriga de afrontar. Que sexades bendicidos co talento e o rigor necesarios para nos ensinar como latexa o corazón humano en toda a súa complexidade, así como coa humildade e curiosidade necesarias para facer diso a obra da vosa vida. E que sexa o mellor de vós – xa que será o mellor de vós, e aínda así, hase dar só nos momentos máis singulares e breves – o que consiga enmarcar esa que é a pregunta máis básica de todas: “Como vivimos?” Boa Sorte!
John Malkovich

Conta de libros (XXIV): Unha presa de terra, Marilar Aleixandre

Unha presa de terra, Marilar Aleixandre, Ir Indo.

Esta historia gustoume moito, xa que a min gústanme moito as historias de detectives, policía...
A escena máis importante para min, foi cando Silvia entra no piso para salvar a Ana; aínda que me deixou coa intriga de cómo ela sabía que Ana necesitaba axuda. Tamén foi a escena que máis me gustou; e Ana foi a personaxe que máis me gustou xa que a pesar de saber que Pepe era o asasino tivo o valor de ir cear con el igual para coller máis probas.
O único que cambiaría da historia sería que o asasino non fora o home dela, xa que reflicte a violencia de xénero, e que fora a amiga ou calquera outra persoa.

Uxía Vieites Abelenda (4º)

Conta de libros (XXIII): Amor de tango, María Xosé Queizán




Encantoume o libro. Teño que admitir que ó principio o seu desenvolvemento foi lento e algo aburrido. Pero, ó chegar ó final todo cambia. Dáste conta que todo foi importante. Grazas ó final o libro convértese en inesquecible. Non é un libro especialmente triste, pero tampouco é feliz. Describe a realidade que viviron tantas persoas que aínda que a ditadura, a guerra rematase, a súa vida quedou marcada para sempre. Como é o caso de Margot, especialmente triste para mín. Ademais este libro abarca o machismo que existía e o feminismo en Galicia e en España. Tamén o desenvolvemento de Vigo, o anarquismo e mais a emigración. Eu non cambiaría nada, absolutamente nada. Tanto os temas individuais como os colectivos son importantes no desenvolvemento da obra. E faina ideal.
Non podería escoller algún momento importante, coma xa dixen, todos o son.

Sonia Calo Mosquera (4º)

Conta de Libros (XXII): O porco de pé, Vicente Risco








Este libro está moi ben estruturado nas súas partes. Vai contando as historias que lle pasan a don Celidonio durante a súa vida. O único fallo que eu lle vexo é que se complica moito cando fai unha pausa para explicar unha cousa, e ás veces vaise do tema polas ramas. Tamén ten unhas enumeracións moi grandes que te confunden e algunhas veces cansan. Despois de todo é un bo libro cunha boa historia e un bo tema. Para ler está moi ben, pero para comentar non tanto.




Alberto Pardal Noya (4º)

Conta de Libros (XXI): Noitebra, Xavier López Rodríguez






Noitebra, Xavier López Rodríguez, Col. “Fóra de Xogo”, Xerais


O libro gustoume bastante porque cando o protagonista é un rapaz da nosa idade sénteste identificado, pero neste caso non moito porque é do sexo contrario.
O libro é entretido, está cheo de emoción e anima a seguir lendo desde o primeiro momento porque á nosa idade a case todos nos gustan as motos.
Noitebra ten algunas palabras difíciles de comprender pero non moitas, non é complicado de ler. O mellor personaxe para min foi Uxía porque lle axuda á protagonista (dálle sitio onde acomodarse e dálle bos consellos).
Un dos mellores momentos da narración sen ser cando quedou durmida na casa de Uxía, foi cando lle compraron a moto. O peor momento foi cando uns rapaces lle querían quitar a moto. Eu recomendaríallo a moitas persoas.


Alejandro Bello Andreo (3º ESO)

Conta de Libros (XX): Os dous de sempre, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao





Este é un libro que eu xa tiña lido, e penso que daquela me gustara, aínda que foi hai moito tempo e non me lembro ben. Desta vez gustoume un pouco, pero tampouco demasiado. Ao ser tan confusa a narración da historia e tan curta non se lle acaba de coller verdadeiro apego a ningún dos protagonistas, aínda que se teño que escoller prefiro a Rañolas, xa que Pedriño é tan pouca cousa que é noxento ver como todo se pudre ao seu redor e el non fai nada para remedialo, só folgar, comer e comer.


Javier Domínguez Negreira (4º)


O libro non me gustou moito. Está moi ben escrito, aínda que nun galego non actual e por tanto é máis complicado de ler. Reflicte a realidade da época. Aínda así non me chegou a convencer.

Os dous mozos pasan por unha vida moi complicada e dura, algo que lle pasaba á maior parte dos galegos nesa época. Tamén fala da emigración e do duro que é. Di que a maior parte dos emigrantes fracasan.

A forma de contar a historia, mesturando un trozo da vida dun cun trozo da do outro, fai que lle perdas o fío á historia de cada un. Tamén me complicou máis a lectura porque tiña que recordar o que pasou tres ou catro capítulos antes con cada personaxe.


Nuria Calo Mosquera (4º)