Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



viernes, 1 de febrero de 2013

"...era da cor do caramelo e era moi suaviño"


Por Irea Ríos Casas (1º ESO)


Palabras de Caramelo é un libro  que lemos no Club de lectura do autor Gonzalo Moure

O libro narra a historia  dun neno que é xordomudo  chamado Kori.
Kori ía a unha escola onde lle ensinaban  a ler e a escribir, e cada  día ía empezando a saber un pouco máis.

O seu tío tiña unha camela que un bo dia pariu, e naceulle un pequeno camelo. Kori emocionouse moito con este nacemento e cada dia ía visitar á cría e  contarlle as súas cousas. Púxolle o nome de  Caramelo porque era da cor do caramelo, e era moi suaviño.

Kori pensaba que Caramelo cando movía os beizos lle dicía cousas, el interpretaba como que se comunicaba con él. Cada dia que pasaba íase encariñando máis e máis, por iso  compartia co seu amigo todo o que lle acontecia.

Un día no campamento de Kori xa non quedaba comida para alimentarse, e pensaron que chegara a hora de matar a Caramelo. Kori non sabía nada de que tiñan que matalo e cando o soubo púxose moi triste e decidiu escapar cara ao norte con él, pero acabaron por atopalos.

O día do sacrificio levaron a Caramelo a unha montaña para matalo, porque dicían que había que sacrificalo  mirando ao sol.

 Kori quedou alí a ver como mataban a Caramelo e acariñándoo todo o tempo. Caíanlle as bágoas polas meixelas pero non deixaba de mirar  todo o tempo para Kori e dicirlle palabras bonitas  ao oído..

Cando Kori se fixo grande  aínda seguía pensando  en Caramelo, e fixo un libro con poemas que se chamou : Palabras de Caramelo.

Este libro foi moi coñecido e sóuboo porque un día de casualidade coñeceu a un poeta famoso, e falando con el, enterouse de que sabía de memoria os poemas que el escribira a Caramelo.


Valoración persoal : Pareceume un gran libro e gustoume moito. A parte que máis me gustou foi cando levaron a Caramelo a montaña e Kori quedouse alí mirando como o mataban, ese momento pareceume moi emotivo.

Os camelos non falan....ou si...?

Por Adrián Landeira Pose (1º ESO)

No Club de lectura no primeiro trimestre limos un libro titulado Palabras de caramelo do autor Gonzalo Moure.

A historia desenrólase no Sáhara, o protagonista é
Kori, un rapaz saharaui xordomudo. Na escola especial a que el iba, so debuxaban, aprendían a atarse os cordóns... as cousas máis sinxelas para poderse defender eles solos. Kori, ao ser xordo, non sabía o que dicían as demais persoas, salvo os nomes que recordaba polos movementos dos beizos. Por exemplo: El era Kori (boca pechada, boca estirada), e súa nai Mahfuda (beizos pechados, boca aberta, boca pechada, boca aberta). Kori non  sabía que os camelos non falaban, porque ao regurxitar a comida movían a boca e os beizos, polo tanto Kori pensaba que os camelos falaban.

A Kori gustábanlle moito os animais, pero en especial un: O camelo. No Sáhara os camelos son animais de gando, como aquí as vacas. Criábanas e cando se facían maiores sacrificábanas.

Os tíos de Kori tiñan unha camela, e, cando saía da escola, sempre ía ver a camela. Un día Kori ía ver a camela e , ao chegar, tiña unha cría, a que Kori decidiu chamarlle caramelo, pola súa cor.
Kori aprendeu a escribir e sempre que ía ver o camelo levaba papel e bolígrafo para anotar o que o camelo lle “dicía”. Kori fíxose moi amigo do camelo, o camelo foi medrando e chegou a hora de sacrificalo, pero non quixeron dicirlle nada ao neno. Kori ao final acabouse enterando e decidiu marchar co camelo ao deserto do Sáhara. Ao final o seu pai e o seu tío fóronos buscar ao deserto porque senón morrerían sen auga e comida.

Chegou o día do sacrificio e Kori foi co seu tío e dous honorables homes do poboado a ver como sacrificaban ao camelo. Levou con el papel e bolígrafo para anotar todo o que lle dicía o camelo antes e durante o sacrificio. O camelo empezou a mover os labios e o  seu tío degolou a cabeza do camelo, o cal berraba e movía os beizos. E Kori aguantou durante o sacrificio e viu como mataban ao seu mellor amigo. Ao escribir todo o que seu amigo, o camelo, dicía, saíulle un poema que en realidad escribira el, porque os camelos non falan.

Kori medrou e seguiu escribindo poemas, ata que se fixo un xoven poeta moi reconocido en todo o país. O poema que Kori escribiu chamouse “Palabras de Caramelo”, como o seu amigo o camelo.

O que máis me gusta do conto e que Kori non se separou do seu amigo ata nin sequera á hora da súa morte.

Valoración persoal deste libro: 8