Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 29 de marzo de 2022

Conta de Libros (XIX): A punta de pistola. Fran Alonso

A punta de pistola. Fran Alonso. Xerais 

Este libro é moi educativo porque ensina o que se pode facer para conseguir cumprir os soños ou o que queiramos, e tamén ensina o que non se pode facer porque senón estragamos a nosa vida e a dos nosos seres queridos. 

O momento máis importante penso que foi cando Pixie se perdeu no centro comercial e a nai e a irmá estaban moi preocupadas polo que lle puidera suceder, pero ao Varas non lle importaba nada e traíalle sen coidado atopalo ou non por que el só quería volver para a casa e esquecerse de todo. 

Este libro trata dun tema moi interesante porque conta dúas historia, unha dunha familia e outra dunha camioneira que dende pequena nunca se rendera para conseguir o seu soño que era facerse camioneira, e ao final xúntanse as historias e o libro cobra sentido. 

Neste libro non é necesario facer ningún cambio porque está moi ben dende o principio ao final, e o final é moi axeitado porque xunta a historia de dúas irmás que levaban moito tempo sen verse, despois cruzánselle os camiños e atópanse. 

Íker Señarís Suárez (3º ESO)

Conta de Libros (XVIII): 48 horas, de Cándido Paniagua Pousa

48 horas. Cándido Paniagua Pousa. Xerais 

Na miña opinión o libro gustoume moito porque os temas de misterio e de desaparicións son moi interesantes. 

O momento máis importante foi cando todos se reunían a buscar a Lois. O momento que menos me gustou, foi cando Lois planeou o seu secuestro, xa que os seus amigos se preocuparon e fixeron todo o posible para que Lois aparecera san e a salvo. 

Os personaxes son axeitados, gustáronme moito e gustoume como pensaban. 

A lingua foi doada de entender pero o contido non foi moi fácil. 

O libro en xeral está bastante ben, aínda que ao mellor daríalle algúns cambios como por exemplo, a desaparición do rapaz pois non me gustaría que fora el o que fixo iso, e tamén daríalle un pouco mais de intriga e que se fixera máis longo o contido. O final do libro para min está ben axeitado. 

Érika Grela Bello (3º ESO)

Conta de Libros (XVII): Marta ante o espello, de Teresa Calo Fontán

Marta ante o espello. Teresa Calo Fontán. Xerais

Para min o momento máis importante do libro foi cando dixo porque empezou co de non comer, xa que explica a súa historia, e así sábese ben porque se encontra no limbo e o que ela sente e porque fala da maneira na que fala. 

A min o libro pareceume interesante, xa que fala dun tema moi importante e que moitas persoas sofren, e penso que é moi importante falar de el e documentarse. 

A lingua pareceume bastante fácil de ler, xa que a autora utilizou unha linguaxe sinxela e fácil, e ademais redactou o libro dunha maneira que ía directamente ao gran nos temas que trata. O final eu persoalmente faríao algo máis cerrado, xa que a min non me quedou moi claro de se Marta quedaba ao final no limbo, ou pola contra aínda estivera viva e todo iso era un soño ou algo así. Pero polo demais pareceume un libro moi doado de ler e moi interesante, cuns personaxes divertidos e simpáticos, e unha protagonista que a acabas entendendo na súa maneira de ser. 

Sen dúbida algunha recomendo a súa lectura. 

Lucía Grela Seoane (3º ESO)

Book tráiler (LXV): A esmorga, de Eduardo Blanco Amor. Realizado por Darío Sánchez Liste

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela A esmorga, de Eduardo Blanco Amor (col. Narrativa. Galaxia, 2014, 6ª ed). Realización youtubeira: Darío Sánchez Liste, 4º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)