Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



lunes, 17 de marzo de 2014

Balda de Libros (XXXIII): Tres pasos polo misterio, de Agustín Fernández Paz



O libro gustoume bastante porque os libros de terror e misterio son os meus favoritos.

Este libro é entretido e ás veces intrigante sobre todo ao final dos capitulos, porque non sabes o que lle pasará ao protagonista sobre algo raro que encontrou.

O momento máis importante de cada un dos capitulos é cando se dan conta de que algo anormal lle estaba sucedendo como cando unhas pedras se converten nunha serpe.

Só lle faría un cambio que cando no segundo capítulo a rapaza dáse de conta que o rapaz que o visitara tivera algo máis de medo.

Álvaro Noya Rey (3º ESO)

Balda de Libros (XXXII): Mutacións xenéticas, de Fina Casalderrey



Este libro gustoume moito. É moi interesante e moi entretido. Eu non lle faría ningún cambio porque este libro está moi ben. Ao principio é un pouco aburrido, pero a medida que o vas lendo, vaiche gustando máis e máis e cada vez faise máis intrigante. Este libro recomendaríallo a calquera persoa que lle guste a intriga.

O momento máis importante deste libro para min foi cando Hadrián rescatou ao seu avó dos secuestradores. E o capítulo que máis me gustou foi o último, no que conta que Hadrián segue coas investigación de seu avó.

E por último, repito, que este libro é moi interesante e que me gusta moito.

Diego Gutiérrez Castiñeiras (3º ESO)

Balda de Libros (XXXI): Cara a Times Square, de Camilo Gonsar



Se son sincera, este libro non me gustou moito, xa que non o entendo moi ben nin lle vexo moito sentido á historia, ademais de haber detalles como por exemplo o tren que ía sen ninguén ademais deles, que non os entendo.

Aínda así, algúns momentos si que me gustan. O momento máis importante, paréceme o momento no que o Belga cae ao mar e morre, debido a que o narrador o tira cun pé; non o esperaba para nada.

Si que faría moitos cambios, xa que como ben dixen o libro non me gustou moito, relacionados sobre todo coa historia en si, pois eu non a entendín moi ben.

O que si foi bastante fácil foi a lingua, xa que utiliza unha linguaxe bastante fácil de entender, o que compensa un pouco a dificultade da historia.

Cristina Deus García (4º ESO)