Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



luns, 17 de marzo de 2014

Balda de Libros (XXXII): Mutacións xenéticas, de Fina Casalderrey



Este libro gustoume moito. É moi interesante e moi entretido. Eu non lle faría ningún cambio porque este libro está moi ben. Ao principio é un pouco aburrido, pero a medida que o vas lendo, vaiche gustando máis e máis e cada vez faise máis intrigante. Este libro recomendaríallo a calquera persoa que lle guste a intriga.

O momento máis importante deste libro para min foi cando Hadrián rescatou ao seu avó dos secuestradores. E o capítulo que máis me gustou foi o último, no que conta que Hadrián segue coas investigación de seu avó.

E por último, repito, que este libro é moi interesante e que me gusta moito.

Diego Gutiérrez Castiñeiras (3º ESO)

Ningún comentario: