Rastros. Roberto Vidal Bolaño. Positivas
Este foi o primeiro libro que lin de teatro e gustoume moito. Para min o momento máis importante do libro é o principio onde os personaxes son pequenos, xa que o inicio é igual que o final e con el enténdese a historia.
Gustoume moito e pareceume moi interesante, xa que nunca me imaxinei esas historias que contan os “flashbacks” no libro. Cada un sorprendeume máis.
A obra baséase nun pequeno grupo de 4 amigos que recordan as súas aventuras pasadas cando están pasando por un momento difícil.
O meu personaxe favorito é Moncho, porque a pesar de que nalgunhas ocasións non o debería facer, sempre intentaba axudar a Esther en todo o que puidese.
O final gustoume moito pola maneira en que remata igual que o principio, fai que o libro sexa diferente e dálle un desenlace máis tráxico á historia.
A lingua pareceume sinxela e sen dificultades, ademais é un libro que se le bastante rápido e é moi entretido. Recomendo lelo.
Lucía González Castro (4º ESO)
A
min este libro de Roberto Vidal Bolaño gustoume moito porque é unha
historia que pode
pasar na realidade. A historia que conta é
moi interesante porque un suicidio é unha realidade moi grave que acontece moito, e non nos damos conta nas novas, pero cada día
morre moita xente debido a que acaba coa súa propia vida, até
menores de idade.
Os personaxes deste libro gustáronme moito
porque son poucos pero están todos moi ben
desenvolvidos, xa
que se describe a súa vida bastante ben. A miña personaxe favorita
é
Esther porque é unha persoa sen filtro, é dicir sempre di
o que pensa sen medo ao que
pasará. Outro personaxe que tamén
me gustou foi Iago porque me pareceu moi serio nalgúns aspectos.
O
final do libro gustoume penso que está ben pero daríalle un pouco
máis de emoción porque na miña opinión é un final moi
básico.
O libro en xeral ten un vocabulario moi doado, xa que é
unha obra de teatro en que varias
personaxes falan cun
vocabulario máis inculto, que nas persoas novas é máis fácil
de
entender debido a que estamos acostumados a falar así de
maneira cotiá.
Ana Señaris Veiras (4º ESO)
Para min o momento máis importante do
libro é cando Esther se intenta suicidar porque senón o resto da obra teatral
non tería sentido ningún. Pareceume unha lectura moi interesante porque aprendín
cousas, como por exemplo que cando nos imaxinamos a nosa morte sempre o facemos
dunha maneira idealizada.
A miña personaxe preferida é Esther
tanto pola súa maneira de ser como por como reacciona sobre as diferentes
situacións que suceden ao longo da obra teatral.
O desenvolvemento gustoume e tamén da
maneira en que está escrito, xa que se fai moi ameno de ler.
A min o final gustoume moito porque non
é un final como o resto dos libros e non o esperas para nada.
A lingua pareceume fácil de ler con
palabras sinxelas.
Na miña opinión recomendo ler este
libro porque é entretido e fácil de ler.
Iria Castro Noya (4º ESO)