Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



sábado, 4 de xuño de 2022

Conta de Libros (XXVII): O Raio Veloz, de Agustín Fernández Paz

O Raio Veloz. Agustín Fernández Paz. Oxford 

A min este libro pareceume moi interesante e entretido porque Adrián é unha persoa moi amable e empática, xa que decide axudar as persoas, por exemplo a muller que estaba triste porque pensaba que a deixara o mozo e por iso lle quería devolver todos os regalos que lle fixera, el ao ver isto cambiou a carta para que volvesen a estar xuntos e felices. 

O meu personaxe favorito é Adrián xa que a pesar de que tiña un risco enorme de perder o seu emprego se a súa xefa se decataba de que abrira os paquetes e cambiara o seu contido varia veces non podería facer nada por salvar o seu traballo, pero a pesar diso el fíxoo para facer felices as persoas e rapaces a quen eran dirixidos eses paquetes. 

A min neste libro paréceme que non lle fai falta ningún cambio, agás que podería haber máis personaxes para falar xa que só hai dous importantes nesta historia e dá moi pouco para dialogar. 

O final pareceume moi sorprendente porque revela que a persoa que lle enviara eses paquetes misteriosos e lle pedira unha cita fora a súa xefa Rosa, cando revelou quen era foi algo que me sorprendeu bastante xa que non mo esperaba para nada. 

Sergio Señarís Suárez (3º ESO)

Ningún comentario: