Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



sábado, 7 de novembro de 2015

Estado das cousas: 7N - Marcha contra a violencia machista

Hoxe en Madrid moitas persoas de diferentes idades e procedencias, xúntanse para proclamar un BASTA XA na primeira marcha  nacional contra as violencias machistas. 

Nos  últimos vinte anos, 1.380 mulleres foron asasinadas por quen lles dicía que as amaba. Iso non é amar. Nunca o será. E iso tampouco é morrer como moitas veces se di, chámase asasinato. E non podemos xustificar toda esa violencia, nin quitarlle importancia por ningún motivo.

 Dende aquí o noso apoio a todas e todos que viaxastes a Madrid para participar na marcha, a nosa condena aos asasinatos, aos maltratos de cada día, ás violacións e ás  formas de violencia que tanto se consideran nesta sociedade normais... E non o son.

Imaxe: Facebook (La Ché)