Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



viernes, 22 de febrero de 2013

"Fagamos que o fútbol axude a romper barreiras"


Verónica Boquete, a futbolista galega do Tyresö sueco e da Liga profesional norteamericana  pide a EA Sports que inclúa xogadoras no FIFA pola igualdade no deporte» e reúne 20.000 firmas en 24 horas.


Vero quere contribuír a erradicar a discriminación sexista do fútbol. A deportista galega acaba de lanzar unha proposta a través da plataforma Change.org para que o FIFA, un dos videoxogos máis vendidos do mundo, inclúa mulleres xogadoras e equipos femininos.

Todo o mundo coñece o famosísimo e espectacular videoxogo FIFA, con todas as innovacións imaxinables. Pero… ten una inexplicable omisión: a do fútbol feminino, practicado por máis de 30 millóns de mulleres no mundo.
Por iso, Boquete non dubidou nin un instante en enviar unha petición as altas esferas da EA norteamericana cunha solicitude directa: “Rogo inclúan xogadoras de fútbol na próxima edición do seu videoxogo FIFA”. 

Os argumentos da santiaguesa: “Son muller e futbolista. De pequena entrenaba cos meus compañeiros, pero nos partidos deixábanme no barquillo por ser rapaza. Nestes anos teño visto como a moitas freáronlles soños e ilusións ao non ter oportunidade de xogar. Simplemente por ser chica. Creo que é un problema de base, de educación. E que podemos facer moito para avanzar en igualdade por medio do deporte. Eu quero contribuír con esta petición. Por iso pídolle a EA Sports contribúa con a igualdade no deporte e inclúa a mulleres xogadoras no su videoxogo FIFA”.

«¿Por qué non se representa tamén ao fútbol femenino no xogo máis famoso de fútbol?», pregúntase. «Fagamos que o fútbol axude a romper barreiras», remata.

A iniciativa de Vero Boquete calou fondo e en menos de 24 horas rexistráronse máis de 20.000 mil firmas virtuais no enlace da petición.

«Dende sempre, parece que hai unhas cousas para rapaces e outras para rapazas, non entendo por que un neno pode escoller o su equipo ou o seu xogador preferido e unha nena nin sequera pode ter a posibilidade de ilusionarse nun xogo. Trátase de igualdade, de xustiza, de cambio de mentalidade, de igualdade de oportunidades e de fomentar a ilusión. Igualdade mediante deporte, non pode haber mellor forma», engadíu onte a La Voz de Galicia, ao tempo que insistía: «É unha petición amable».
«Parece unha tontería, pero non o é. Incluír xogadoras no FIFA animaría as rapazas que, como eu, amamos o fútbol a desarrollar a súa paixón».

A futbolista pide a @s internautas que, co seu voto, contribúan a «facer que o fútbol axude a romper barreiras».

QUERES ASINAR A PETICIÓN? Vai a este enlace:

https://www.change.org/es/peticiones/ea-sports-incluyan-jugadoras-en-su-videojuego-de-f%C3%BAtbol-fifa?alert_id=mkYiFgyUju_gkrxQAmPma&utm_campaign=18677&utm_medium=email&utm_source=action_alert

A Voz de Galicia, 22 de febreiro, 2013






Tal día coma hoxe....



El día 22 de febrero de 1943, muere Sophia Magdalena Scholl, más conocida como Sophie Scholl, fue una dirigente y activista del movimiento de Resistencia Rosa Blanca en la Alemania nazi.


Con su apariencia inofensiva y discreto atractivo, Sophie se encargó de trasladar a otras ciudades propaganda del movimiento y ayudar a conformar células a nivel nacional.


La Gestapo colocó a una prisionera política alemana de nombre Elsa Gebel a espiar a Sophie con la intención de obtener más nombres de miembros del grupo; sin embargo, Elsa fue captada por el movimiento y cambió sus convicciones ante la dictadura, a quienes no proporcionó información alguna. Tras la guerra, dirigió una carta a los padres de Sophie, a quienes hizo saber que, durante los últimos cinco días de la vida de su hija, le había cambiado toda su forma de pensar y marcado para siempre.




Imaxe e texto visto en Facebook- Tiempo de mujeres


Aquí podes ver unha película que reflicte o interrogatorio e o xuicio que sufriu.