Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 5 de abril de 2011

O evento do trimestre


Non queremos marchar de vacacións de Semana Santa, , sen reseñar o que consideramos o melloriño do acontecido no centro no 2º trimestre recén rematado: "Os maiores contan aos pequenos".
Esta actividade, iniciativa de Sofía Rama, profe de galego, fixérase anualmente durante uns anos, e logo dun descansiño, este ano dende a biblioteca animamos a que se recuperase. Coa incorporación do "musical", cun relato preparado polos alumnos co asesoramento de Ignacio Portela, o profe de música. O resultado: un exitazo. Dende aquí queremos felicitar aos participantes e @s organizadores.

Os alumnos de 4º ESO que non participaban como contacontos, foron "enviados especiais" para cubrir o evento. Marcos Gesto, Adrián Vilacoba e Juan Bodelo, vírono así (atrevéndose a puntuar algunhas das actuacións, e logo falan dos profes) :

Na xornada do día 28/02/11 celebrouse o evento chamado “Os maiores contan aos

pequenos” que consistiu en que varios grupos formados por algúns alumnos de 3º e 4º

de ESO, prepararon unhas “contadas” para os pequenos de infantil e primeiro ciclo de primaria.

O primeiro grupo de contacontos formárono Joge Portos, Agustín Calviño e Alba

Viqueira (narradora).

O conto que interpretaron foi A mosca chosca, nel, Jorge interpretaba a mosca chosca

e Agustín a todos os invitados da mosca chosca. Utilizaron peluches para distinguir os

diferentes personaxes.

Nota do grupo: 7

O segundo grupo, en realidade un só contacontos, que foi Ivan Portos, contou o

conto chamado Mateo.

Nota: 5.99, é decir, 6

O terceiro grupo formárono Laura Otero , Alba Viqueira, Alba Ramas e Andrea Louro.

Representaron A ratiña presumida

Laura era a ratiña, Alba Viqueira, dous dos pretendentes,o galo e o touro, e Alba Ramas interpretou os restantes (o gato, o can e o ratiño).

Nota: 9

O sexto grupo formado por Esther Iglesias, Samara Fraga, Beatriz Bardanca e

Nuria Calo e o narrador, Adrián Paz, interpretaron o conto Os tres porquiños.

Nota: 5.9

O último grupo foi o formado por Sonia e Nuria Calo, Ricardo Rodríguez

e Iria Vales. Representaron o conto chamado A noite que Martiño tivo ganas de mexar.

Nota: 7.9

A representación especial da xornada estivo a cargo de Bertín Iglesias, Iván Portos,

Agustín Calviño, Esther Iglesias e Samara Fraga que representaron o conto musical Os tres osiños. Hai que resaltar o gran traballo do seu director Ignacio Portela, profe de música.

Nota: 9.1


Tamén houbo "enviados especiais" de 3º ESO: Alex Cancela, Marcos Casas, Alberto Pardal e Jose Manuel García, que comentaron ao respecto dalgúns dos contos o seguinte (sen piedade) :

"Alba Viqueira como narradora botouse a rir, menos mal que o puido arreglar"

"Cando contou Iván Portos o conto de Mateo, ao rematar os rapaces pedían OU-TRA, OU-TRA..."

" Gustáronos os bicos do conto da ratiña" (Isto non o entendemos moi ben)

"Cando Richi fixo de narrador, o público tivo que esperar moito, e ademais botouse a rir mentres lía"

"Destacamos os efectos especiais sublimes do conto dos tres porquiños"

Estamos estudiando a posibilidade de subir ao blog as fotos e os vídeos do evento, pero as novas tecnoloxías van chegando amodiño á biblioteca.