Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



venres, 30 de novembro de 2012

Igualmente "desobedientes"...

As actividades que desenvolvemos no centro con motivo do Día Internacional contra a violencia machista co@s maiores parece que a tod@s nos pareceron interesantes: a charla de Ianire Estébanez, psicóloga e especialista en prevención de violencia de xénero e a creación "Ponlle cara ao maltrato", que está en proceso de montaxe. Aquí non remata nada, pois cada día temos que ser quen de posicionarnos, sempre, contra aquel@s que fan dano e exercen a violencia inxusta do machismo.

Deixámosvos hoxe un vídeo contra outro tipo de violencia, a que os propios estados exercen contra @s cidadáns, neste caso contra rapaces e rapazas coma vós que exercen o que se está dando en chamar "desobediencia civil", posicionarse contra as leis exercidas polo poder establecido dos gobernos.

Encantaríanos saber que opinades...


Pincha aquí para ver o vídeo

Pinchando aquí podedes saber máis sobre este tema





A emigración desde Trazo

A lectura de varios textos literarios sobre a emigración galega, entre eles "O pai de Migueliño" do libro Cousas de Castelao deu pé á elaboración dunha serie de traballiños sobre persoas que emigraron desde Trazo a outros lugares do mundo e sobre as condicións en que se producía ese éxodo.



Miña tía era de Pontevedra e meu tío era de Benza, foron a Uruguay para gañar cartos no ano 1947 e voltaron no ano 1997.
Meu tío volveu pero miña tía morreu alá. Antes de marchar para Uruguay meu tío traballaba de agricultor e alá traballaba nunha empresa de elaboración de mate, tamén miña o fixo.
En Uruguay vivían nunha casa preto da praia  e só vivían eles dous na casa.
Casaron aló.
Para Uruguay foron en barco, a viaxe durou varios días  e mentres non chegaron durmían no barco eles e mais todos os que ían emigrados para Uruguay.

Margarita Pombo Castro (3º PDC)


Meu avó foi ao Uruguai porque tiña uns tíos alí. El foi no ano 1960 e miña avoa foi no 1964 para estar con el.
Meu avó estivo 6 anos e miña avoa 2.
Miña avoa chámase Elena e meu avó Pepe.
Elena traballaba no campo e Pepe traballaba de canteiro, en Galicia.
En Uruguai Pepe traballou nunha fabrica de leite e Elena no Sanatorio Español. Souberon dos traballos por persoas coñecidas
Vivían nunha habitación con dereito a cociña, despois foron para un pequeno apartamento.
A viaxe fixérana en barco.
Elena e Pepe marcharon para poder ter unha casa e un mellor nivel de vida.
Tamén estiveron en Suíza anos máis tarde.
Coñecéronse e casaron en Galicia.

Iria Fajín Casas (3º PDC)



Manuel Docampo Grela, o meu pai, emigrou a Suíza con máis ou menos 18 anos. El marchou porque aquí xa acabara os estudos e había falta de cartos, eran 3 irmáns e os 3 foron para alá xuntos. Instaláronse nun piso os tres xuntos e logo meu pai púxose a traballar de peón, pero logo voltou para Galicia porque encontrara unha moza xeitosa de Tordoia e tiña morriña. Máis ou menos botou alá 1 ano, pero seus irmáns botaron alá moitos máis anos. Hoxe en día os irmáns están todos aquí sen traballo, menos  meu pai que hoxe en día ten unha gran explotacion en Trazo.
Manuel Docampo Grela agora mesmo di: “Aquí teño  a miña vida e non volvería marchar”. El xa ten todo o que necesita para ser feliz: unha muller e dúas fillas. E eu como filla estou moi orgullosa de telo como pai.
 

Alba Docampo Noya (3º PDC)


mércores, 28 de novembro de 2012

Concurso sobre Novela Negra. Derradeira semana!!

As derradeiras preguntas 

(Semana 26 - 3)



16. Cal foi a primeira comisaria negra da narrativa castelá?

17. E a primeira obra premiada? En que certame?

18. Cantas mulleres escritoras coñeces deste xénero? Por que é un mundo de homes? Cal é o seu papel nas obras? Cantas detectives coñeces? En que época xorden? Por que?

19.  Encontras algunha relación entre Sherlock Holmes e o doutor House? Cal?

20.  Compara a novela de enigma coas series de tv actuais. Podemos tamén establecer algunha relación coa evolución da medicina tradicional e a actual?

luns, 26 de novembro de 2012

Relatos fantásticos de nós (II): "A noite de lúa chea", Tamara Muíño Bello

Continúa a nosa serie de relatos fantásticos. Hoxe, Tamara Muíño Bello (4º da ESO) publica un relato sobre licantropía ou lobishomes, aínda que na narración sexa unha muller a que se vai converter en lobo. Velaquí:


A noite de lúa chea

Esa noite Laura saíu da súa casa como facía todos os luns xunto co seu amigo Carlos, pero esa noite era diferente había lúa chea.

Anoiteceu e de repente comezou a chover moi forte, unha tormenta das grandes. Entón os dous amigos tentando refuxiarse foron acubillarse nunha casa abandonada, Laura a medida que ía saíndo a lúa polo horizonte e ía ascendendo inquietabase máis. De repente todo deu un xiro.

Laura, unha rapaza silenciosa e tranquila, de repente convértese nun lobishome, Carlos non podía crer o que estaba vendo e botou a correr para refuxiarse nalgún sito, pero non serviu de nada. Laura abalanzouse sobre el.

Ao día seguinte había moito rebumbio na praza da vila xa que non atopaban nin a Laura nin a Carlos, dous rapaces moi tranquilos que desapareceron para sempre aquela noite de lúa chea.

Tamara Muíño Bello (4º ESO)

domingo, 25 de novembro de 2012

E se a vida fose un reggeaton...? Eu...que papel xogaría?



Visto no Youtube


E ti? Que papel vas escoller?

Opción A: O pallaso que se fai o duro na barra e que cre que ela aínda está loquita por el. O que non recoñecerá nunca ante @s demais que os días con ela foron para el os máis felices. O que chama á súa noiva o seu "bebé", como se non fose suficientemente adulta. Moi patético.

Opción B: O compañeiro que a sabe realmente respetar e por iso ela o escolle. O que sabe o que quere e non lle importa demostralo.

E ti?

Opción A: A parviña q vai confirmar que é un "bebé" e que necesita realmente do malote para que lle diga o que pode/debe facer. E que lle da igual que el non a respete.

Opción B: A que sabe escoller, a quen a respeta, e decide pasar páxina e nin mirar para atrás onde queda aquel patético ex que só se preocupa de el mesmo. 

25 de Novembro. Día Internacional contra a violencia machista.

Foto: http://plebeyomododevida.blogspot.com.es/

sábado, 24 de novembro de 2012

Son uns cobardes

Visto en Facebook (La Colmena Pedagógica)
 
 
Un dos carteis gañadores do I Concurso Escolar de Carteis “Contra la Violencia de Género” do IES castillo de Fatetar, provincia de Cádiz.
A súa autora é a alumna de 2º ESO María Lozano Ponce.

venres, 23 de novembro de 2012

Andel de Libros (VII): Rafaela, de Mariana Furiasse

Rafaela, Mariana Furiasse

El momento que más me gustó de este libro fue cuando Gastón le fue a pedir perdón, porque lo que uno tiene ya lo ve uno mismo y las cosas se pueden decir delicadamente y sin insultos.
El tema me gusta, porque los libros de amor me suelen gustar la mayoría. Yo cambiaría el final porque no me gusta el chico, pues pienso que ve que la chica no es lo que él quiere y lo soluciona todo con un “estoy confuso”.
Me gusta leer en castellano, aunque al redactar el trabajo me costó mucho porque se me escapaban palabras en gallego. Por lo demás era un libro sencillo, apenas había palabras que no conocía. Opino que es un muy buen libro. Pienso que cualquier persona de 12 años para arriba o incluso 10 puede entender este libro sin dificultad ninguna.

Alba Docampo Noya (3º PDC)

mércores, 21 de novembro de 2012

Repasando a violencia machista no ámbito educativo ao longo do século XX


Amelia  Valcárcel (...) Recordó cómo en 1911 se autorizó a la mujeres que se matriculasen en la Universidad ya que hasta entonces, las universitarias, más que una excepción, constituían casi una extravagancia. Concepción Arenal, indicó Valcárcel, según cuentan las crónicas, tenía que asistir a clase vestida como un hombre. “Es decir, que el travestismo en aquella época era menos escandaloso que la presencia de una mujer en las aulas”, apostilló la filósofa, con esa ironía deliciosa que la caracteriza.

También recreó lo que supuso aquella fecha, 1911, para el valiente grupo de mujeres que reunieron el coraje suficiente para matricularse, mujeres a las que se llamaban, en ese lenguaje cursi de entonces, “señoritas estudiantes”: que fueran esperadas a la salida por un grupo de hombres que tuvo a bien apedrearlas, lo que motivó, a su vez, un incendiario artículo de Rosario Acuña, ‘Ruge la caverna’, que la propinó el destierro.

Aunque afirmó que la situación de la mujer hoy en día es mucho mejor que entonces, a su juicio “se ha avanzado con un ritmo regular”. “En es imposible que nos durmamos en los laureles porque no hay laureles sobre los que dormirse”.


martes, 20 de novembro de 2012

Preguntas do concurso sobre Novela negra (3ª semana)



 11. Por que Dashiel Hammett denomina a cidade onde traballa algún detective seu Poisonville? Coñeces  algunha obra súa?

12. Sabes quen é William Faulkner? Que relación ten coa novela negra? Con que director traballou?      Coñeces algunha outra obra deste director? 

13. Levada ao cine O soño eterno, quen a protagonizou? Quen é autor desta novela? Que aporta este autor a esta serie de obras?

14. Quen dirixiu a obra de Cormac McCarthy Non é país para vellos? Que outra obra negra adaptaron? De que autor? Con que título?

15. Se en Galicia non hai grandes cidades, como puido xurdir a novela negra? Cales son os temas tratados? Coñeces algún destes autores? E das súas obras?

luns, 19 de novembro de 2012

Un exemplo máis de violencia machista nos deportes

El equipo infantil de Fútbol Sala Santa María Magdalena-Bateig de Novelda jugará este fin de semana el Campeonato de España de la categoría en Madrid, un premio a la trayectoria que ha llevado el equipo a lo largo de la campaña. Pero no todos los integrantes del club van a poder disfrutar de ese evento ya que la única chica que hay en el equipo, Blanca Ortiz, de 14 años, no va a poder jugar porque la Real Federación Española de Fútbol prohíbe la participación de chicas en este torneo.

Aquí podes ler o artigo completo

sábado, 17 de novembro de 2012

"Alzarei a voz...Se non o fago eu, quen o fará?" di Malala Yousuzfai



.
"Tras el atentado contra Malala hemos podido ver en televisión las imágenes de las niñas paquistaníes manifestándose en apoyo de su compañera: serias, muy serias, a sus doce, trece, catorce años; dejándose filmar a cara descubierta en un acto de una heroicidad civil tan descomunal (están tan indefensas y tan solas) que se me pone la carne de gallina al recordarlas."

Do artigo Malala para siempre da escritora e xornalista Rosa Montero.

 Aquí podes ler o artigo completo.

venres, 16 de novembro de 2012

E se fixésemos aquí algo parecido?



(Visto no Youtube)

 Pois por que non....?

- Envíanos a túa foto contra o maltrato (ao correo da biblioteca)

- As fotos serán publicadas no blog

- Agradeceremos a vosa participación cun pequeno agasallo.



xoves, 15 de novembro de 2012

Andel de Libros (VI): ¡Balea morta ou lancha a pique!, de Jaureguizar




Este libro ¡Balea morta ou lancha a pique! ten bastantes personaxes.
Está ben para as persoas da nosa idade, e para outras tamén, porque utiliza un vocabulario con palabras non moi descoñecidas, e aínda que haxa algunha descoñecida pódela mirar no dicionario e entenderíase sen dificultade ningunha.
O autor Jaureguizar fixo ben en escribir este libro porque é unha novela xuvenil.
E non é difícil de ler está dividido en nove capítulos, cada un cun título e é moi entretido.
A escena máis interesante para min foi a de João porque foi á captura da balea branca ata que a colleu pero logo morreu.
O final pareceume moi interesante porque a balea Dolly Dick lle daba golpes á barca cando a foron capturar para que non a colleran.
Recomendaríao que o lese quen poida e quen teña tempo porque é unha historia que non empeza moi entretida pero que logo segues lendo e non o deixas ata que o terminas.

 Margarita Pombo Castro (3 PDC)