Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



Amosando publicacións coa etiqueta fin de curso. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta fin de curso. Amosar todas as publicacións

mércores, 1 de xuño de 2016

Remataremos o curso con aires de literatura e hip hop

O mestre e músico Narci Rodríguez virá visitarnos o vindeiro Xoves 9 de xuño para impartir un obradoiro de beat boxing en 1º e 2º de ESO. 

 E iso que é? 

 O beat boxing é un estilo musical, moi conectado coa cultura hip hop, baseado na habilidade de producir beats coa boca. Pode incluir tamén canto, a simulación do vento e de instrumentos musicais.

 En 1º de ESO ademais do obradoiro, gravaremos a ritmo de hip hop unha composición poética que titulamos Romancerrap de 1º de ESO e que escribimos nas aulas de Lingua e literatura castelá.

Podemos ver e escoitar a Narci nunha das súas últimas gravacións, poñendo a guitarra, e a voz, en amplo rexistro para producir diversos efectos vocais,  acompañando a Nastasia Zürcher nun dos temas do seu disco. 











martes, 3 de xullo de 2012

A disfrutar das vacacións!!!

Hai días que temos a intención de colgar unha entradiña de despedida de curso, pero non demos atopado o momento ata o de agora.
Non queremos rematar sen felicitar a Noelia Casas (1º ESO) e a Marta Otero (2º ESO) polos seus premios de poesía e de redacción dun conto, respectivamente. A primeira no concurso organizado polo IES María Soliño de Cangas, e a segunda polo concurso organizado pola Consellería de Agricultura e Medio rural. Grazas tamén a tod@s @s que vos pasades por aquí deixando algún comentario. Queremos dar as grazas tamén a tod@s @s que participades nas actividades que organizamos dende a bilioteca e o club de lectura. Nada ten sentido se non é pola vosa participación. Para nós é o mellor xeito de comprobar que vos parece interesante o que dende a biblio imos organizando.

Agora veñen un par de meses por diante para descansar e ir preparando o que haxa que recuperar en setembro...que logo chega.

Neste blog tamén descansaremos pero esperamos colgar algunha cousiña de vez en cando, con menos frecuencia que durante o curso, iso si, que tamén nos toca descansar.

Vémonos á volta!!!

mércores, 22 de xuño de 2011

Fin de curso


Mañá imos despedir o curso 2011, aínda que en Trazo levamos unha semaniña traballando máis ben pouco...e celebrando moito; esa é a verdade.
Onte os do club de lectura fomos a Compostela de Museos, de paseíto, con música incluida, e logo comida campestre. Daremos boa conta nos próximos días desta primeira saída extraescolar dos membros do Club de lectura, que esperamos que se repita.
Mañá, por fin, entregaremos os agasallos aos traballos máis destacados do concurso de relatos convocado o Día do libro, e nos vindeiros días poderemos ler aquí no blog eses traballos. Ademais, os grupos gañadores do Concurso "Coñece e investiga na túa biblioteca", tamén recibirán mañá un pequeno detalle pola súa destacada participación.
Estamos frenétic@s de actividade, pero content@s porque estamos xusto a piques de irnos de vacacións.
Nota "friki": o fin de curso sempre nos recorda a unha canción que soaba cando algúns prof@s eramos cativ@s. Que tempos!! Que pintas!! Que miñaxoias eramos!!
Déixovolo aquí para que escachedes coa risa. (Se aguantades o vídeo ata o final, deixade os vosos comentarios para que nos riamos tod@s)

http://youtu.be/dhw7TPw0igI

(Visto no Youtube)