mércores, 22 de xuño de 2011
Fin de curso
Mañá imos despedir o curso 2011, aínda que en Trazo levamos unha semaniña traballando máis ben pouco...e celebrando moito; esa é a verdade.
Onte os do club de lectura fomos a Compostela de Museos, de paseíto, con música incluida, e logo comida campestre. Daremos boa conta nos próximos días desta primeira saída extraescolar dos membros do Club de lectura, que esperamos que se repita.
Mañá, por fin, entregaremos os agasallos aos traballos máis destacados do concurso de relatos convocado o Día do libro, e nos vindeiros días poderemos ler aquí no blog eses traballos. Ademais, os grupos gañadores do Concurso "Coñece e investiga na túa biblioteca", tamén recibirán mañá un pequeno detalle pola súa destacada participación.
Estamos frenétic@s de actividade, pero content@s porque estamos xusto a piques de irnos de vacacións.
Nota "friki": o fin de curso sempre nos recorda a unha canción que soaba cando algúns prof@s eramos cativ@s. Que tempos!! Que pintas!! Que miñaxoias eramos!!
Déixovolo aquí para que escachedes coa risa. (Se aguantades o vídeo ata o final, deixade os vosos comentarios para que nos riamos tod@s)
http://youtu.be/dhw7TPw0igI
(Visto no Youtube)
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario