Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



venres, 10 de marzo de 2023

“Agora cabelos negros...”, de Follas Novas, na voz de Hugo Bello Liñares


Agora cabelos negros...”, de Follas Novas, na voz de Hugo (10 anos), irmán de Antía Bello Liñares (3º ESO A). Día de Rosalía 2023 no CPI Viaño Pequeno.

#cumpriuseaxustiza #_rdc_23 @aelg @CasadeRosalia

Agora cabelos negros

Agora cabelos negros,
máis tarde cabelos brancos;
agora dentes de prata,
mañán chavellos querbados,
hoxe fazulas de rosas,
mañán de coiro enrugado. 
 Morte negra, morte negra,
cura de dores e engaños:
¿por que non máta-las mozas
antes que as maten os anos?


Primeira parte de “Campanas de Bastabales”, de Cantares Gallegos, na voz de Begoña Liñares García

Primeira parte de “Campanas de Bastabales”, de Cantares Gallegos, na voz de Begoña Liñares García (45 anos), nai de Antía Bello Liñares (3º ESO A). Día de Rosalía 2023 no CPI Viaño Pequeno.

#cumpriuseaxustiza #_rdc_23 @aelg @CasadeRosalia


Campanas de Bastabales


Campanas de Bastabales,
cando vos oio tocar,
mórrome de soidades
.

I
Cando vos oio tocar,
campaniñas, campaniñas,
sin querer torno a chorar.

Cando de lonxe vos oio,
penso que por min chamades,
e das entrañas me doio.

Dóiome de dor ferida,
que antes tiña vida enteira
i hoxe teño media vida.

Sólo media me deixaron
os que de aló me trouxeron,
os que de aló me roubaron.