Amosando publicacións coa etiqueta letras galegas b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta letras galegas b>. Amosar todas as publicacións
xoves, 12 de maio de 2016
Rap das Letras Galegas: "Cando fales galego, que sexa ao pé dun rego"
Velaquí o divertido Rap das Letras Galegas, "Cando fales galego, que sexa ao pé dun rego", cantado e composto polos alumnos e alumnas do IES Fonmiñá (A Pastoriza), baixo a dirección da profesora Belén Martín Franco.
E que ben soa e que ben feitiña está a letra!
luns, 24 de febreiro de 2014
Viches a Rosalía de Castro?
Hoxe 24 de Febreiro, como cada ano, conmemoramos o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro.
Estes cativos de Lañas din que a viron. Como pode ser?
E ti, viches a Rosalía de Castro?
domingo, 16 de febreiro de 2014
Solidarízate co Galego.
Alba Docampo Noya de 4º de ESO envíanos este vídeo da súa autoría.
Estás feita unha artista !!!
Alba coméntanos tamén o seguinte:
"Con esta campaña quero facerlle ver aos galegos e non galegos a importancia dunha lingua. A lingua coa que nacemos forma parte de nós, da nosa vida, e iso defínenos como persoas.
A sociedade na que vivimos inflúenos moito, moitas persoas abandoaron a súa lingua polo castelán, pero por que?
Cada día escoitamos ao noso arredor :"O galego solo o falan os catetos do pobo". Estás dacordo? Eu non teño pelos na lingua, agora tócache a ti!
REINVINDIQUEMOS A NOSA LINGUA!!!!
Se che gusta este video e estás dacordo dálle a "Me gusta" (en castelán) e compárteo.
Moitas grazas."
mércores, 1 de xuño de 2011
Clausurando o mes das nosas letras
Onte pola tarde disfrutamos dun programa de actividades diferente do habitual. Co gallo de celebrar o mes/día das letras galegas (cun certo retraso, alleo á nosa vontade), compartimos tertulia arredor de documentais sobre a figura de Lois Pereiro, para logo desfrutar do concerto de Vicky Pollard, un grupo pop-rock de nova creación que animou a tarde, poñendo música aos poemas de Lois Pereiro e compartindo connosco temas propios e alleos.
Á espera de imáxenes do concerto de onte, déixovos cunha das primeiras presentacións do grupo que podemos atopar no Youtube. Neste tema que eles titulan "Vencido" misturan versos do poema "Cartografía" :
Cal morto xa
ou vencido
falo sen min
e durmo
no desastre
Debera ser posible
facer mapas do odio
e os húmidos monólogos
das cisternas
de noite
descifrar
co epitafio que Lois deixou dito que puxeran na súa tumba:
Cuspídeme enriba cando pasedes
por diante do lugar no que eu repouse
enviándome unha húmida mensaxe
de vida e de furia necesaria.
Podes velo aquí:
Ademais, queremos compartir convosco un traballo ben elaborado sobre Lois Pereiro polo alumnado de 6º de Primaria do noso CPI. Gustounos moito. Aquí:
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)