Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



lunes, 28 de enero de 2019

Andel de Libros (XVIII): Mentira, de Care Santos



Boas! Estou aquí de novo, desta vez para falarvos do libro Mentira, da escritora Care Santos. Este relato narra unha historia dunha moza de 17 anos, Xenia, que coñece un rapaz pola Internet. Non obstante, non é a típica historia que estamos tan afeitos a ler, para nada. Esta ten unha gran historia agochada.

En canto aos personaxes, o que máis me gustou foi Ric. Un mozo cunha infancia nada sinxela. Un personaxe que che amosa que verdadeiramente non todo é o que parece.

Persoalmente, o momento máis importante é cando a moza recibe o caderno.

A lingua e o vocabulario son moi sinxelos, e ao tratarse de adolescentes, non demasiado formais, o que fai a lectura máis amena.

O final é aberto, pois este relato conta cunha segunda parte, Verdade. Aínda así, é un final simple que non está nada mal.

Para rematar, dicirvos que é un libro moi curto, que engancha moito e ten detrás unha gran reflexión, polo que vos animo a que o leades.

Paula Noya Redondo (3º ESO)

Este libro gustoume moito, sobre todo polos temas dos que trata: o amor, a amizade, a solidariedade e a familia. Tamén porque che fai plantexarte cousas como: ¿que faría eu se estivese na súa situación? Ou que faria eu se fose ese personaxe?

Tamén conten un vocabulario moi sinxelo!, e ten unha letra bastante grande e isto é unha cousa que non me gusta xa que penso que semella un libro de nenos pequenos, pero polo resto encantoume!

Enganchoume dende o principio e polo feito, que xa dixen antes, de ter un letra grande acabase máis rápido.

Hai algúns momentos do libro no que me sentín mal, por exemplo cando fala Éric, xa que pasou e está pasando por cousas moi duras con tan pouca idade.

O final gustoume, non explica moito debido a que hai segunda parte “Verdade”.

Este é un libro que se debería recomendar en todos os colexios xa que trata de temas que poden ocorrer na realidade, como por exemplo mentirlle a teus pais por alguén do cal estás namorad@ ou cando Xenia e Marcelo comezan a falar pola internet grazas ó foro da biblioteca, e todo o que Marcelo lle contou era mentira e resultaba ser outra persona...

Leticia Añón Guerra (3º ESO)

Ola amig@s! Son Ahinoa e hoxe vouvos a falar dun libro moi interesante, Mentira. Este libro trata un tema algo realista, xa que o seu tema principal son as redes sociais, mellor dito o coñecemento de dúas persoas a través das redes sociais. Iso é o que lle pasa a Xenia ela coñece a Eric a través dunha paxina web para comentar un libro.

Para min o momento máis importante do libro é cando Xenia descobre que Eric non é quen di ser.

O meu personaxe favorito é Xenia, porque é unha rapaza moi boa e responsable ata que coñece a Eric. E o personaxe que menos me gusta é Ben xa que manipula a Eric.

O vocabulario deste libro resulta moi fácil de comprender.

No final non faría ningún cambio xa que me parece moi axeitado, xa que é un final feliz, ademais este libro ten unha segunda parte así que aí estarán todas as dúbidas do primeiro libro resoltas.

Como xa dixen este libro é moi interesante, e se queredes saber que fai Xenia para poder ver a Eric teredes que lelo, recoméndovolo un montón.

Ahinoa Antelo Rodríguez (3º ESO)