Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



domingo, 20 de novembro de 2011

O atractivo Corto Maltés

No Club de lectura de 4º ESO lemos reunímonos a semana pasada para comentar La casa dorada de Samarkanda de Hugo Pratt, protagonizada polo heroe de comic Corto Maltés. Tod@s tiñamos a sensación de que nos faltaba información sobre o protagonista e outros personaxes que, parecía, tiñan aparecido noutras aventuras anteriores. Por iso dende a biblioteca quedamos en buscar información sobre a vida de Corto e as súas relacións amorosas e de amizade.
Non deixedes de botarlle un ollo a esta web. Nela, dun xeito interactivo, podedes coñecer máis datos sobre Rasputín, o mellor amigo de Corto. Estes datos aclaran o inicio da súa relación, que nos resultaba tan extraña, dado o repulsivo comportamento que Rasputín desenvolve. Tamén aparecen outros personaxes dos que comentamos longamente na reunión.

Web do Corto Maltés en español: http://dreamers.com/corto


Tamén debatiamos sobre a orde de publicación dos libros. Podédela consultar nesa mesma web, aínda que unha máis clara ordenación e clasificación podédela atopar na entrada da Wikipedia sobre Corto Maltés: http://es.wikipedia.org/wiki/Corto_Malt%C3%A9s


Por último, para aquel@s que teñades ganas de coñecer máis sobre o mundo de Corto, atopamos esta presentación sobre o personaxe de Hugo Pratt no Youtube. Trátase dunha reflexión destacando a súa rebeldía e inadaptación como principio vital, o que o convirte nun personaxe case romántico, desafiando ás normas establecidas. Aquí:

http://youtu.be/zK8m_Bp62z4



Foto vista na Web de Corto Maltés en español : http://dreamers.com/corto