Ciclo Bis,
David Durán,
Sotelo Blanco
Persoalmente
o libro gustoume moito. A historia engancha, porque tes ganas de saber que pasa
ao final con Xulio e con Xulia.
Unha das
cousas que máis me gustou do libro é que é moi divertido e tamén me gustou
porque ao mesmo tempo que vas lendo vas aprendendo cousas, por exemplo, cando
fala dos métodos anticonceptivos e así.
O personaxe
que máis me gustou foi Xulia, porque se preocupou de buscar información para
saber máis e de que lle saíran as cousas como ela queria. E a parte que máis me
gustou do libro é cando Xulia non se decide entre quedar de rapaza ou dicirlle
á xenia que quere ser rapaz. Pero gustoume a súa decisión, eu tamén quedaría
como rapaza, xa levo pasados 14 anos, e creo que tamén lle tería algo de medo
ao cambio.
O libro
enténdese ben, non ten palabras moi complicadas. En resume gustoume o libro.
Marta Otero Ramas (3º ESO)
O
ciclo bis a min realmente gustoume moito, penso que é un
libro moi fácil de ler e entretido. Os personaxes gústanme moito, creo que
reflicte bastante ben como somos os adolescentes na nosa vida cotiá. O único
que cambiaría sería o do principio xa que fala ela cando tiña dezaseis anos, é
dicir, xa sabes o que vai pasar ao final ou intuelo. Iso quítache un pouco de
intriga á hora de ler pero polo demais gustoume moito e opino que é un libro
moi fácil de ler e sentinme indentificada aveces con algúns pensamentos da rapaza.
Persoalmente a parte que máis me gustou foi o momento no que aparece a xenia,
non me imaxinaba que ía ser así, foi bastante sorprendente e nese momento do
libro tamen se aprecia algo que me gusta del que é ese punto de gracia que ten.
Faino moi entretido e dinámico á hora de ler. Ademais ten un vocabulario moi
sinxelo. A verdade recomendo este libro.
Raquel Sande Rodríguez (3º
ESO)
A miña valoración persoal para este libro é moi positiva, porque divertiume e gustoume moito.
Claramente, este é un dos mellores libros que lin ata agora. Porque é moi fácil de ler e enténdese moi ben. Nunca sabes o que vai pasar no capítulo seguinte e hai cousas verdadeiramente sorprendentes, como a posibilidade de cambiar de sexo co só tocar dúas veces o teu aparato reprodutor.
E unha das parte que máis me gustou do libro foi o final, cando Xulia lle dixo á Xenia da menstruación que prefería seguir sendo rapaza. Que aínda que había que sufrir polas dores da regra, non cambiaría nunca as experiencias de ser muller polas de ser home.
Cando lin a sinopse do libro xa me pareceu moi divertido. E creo que unha das mellores cousas que ten este libro é que ten moitas realidades dos adolescentes, polos que nos fai moita graza.
En resumo, que este libro é boísimo e moi divertido e que o recomendaría para ler a calquera alumno da ESO.
Belén García Lijó (3º ESO)