Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



mércores, 5 de xuño de 2024

Balda de Libros (XLI): Criaturas, de Roberto Vidal Bolaño

 

Criaturas. Roberto Vidal Bolaño. Positivas

Este libro titúlase Criaturas e foi escrito por Roberto Vidal Bolaño. É un libro de teatro que me pareceu moi interesante e levadeiro, lévate a refexionar bastante sobre todo o que lle acontece ao protagonista das moitas pequenas historias da trama, sobretodo polo referido a el, un ser feo e monstruoso que a xente define como alguén malvado e repugnante, que en verdade a pesar de cometer un crime espantoso, faino por amor, polos sentimentos tan fortes que tiña cara ela pero ela non compartia, non era recíproco.

Outros personaxes son un matrimonio, composto por un home e unha muller que están continuamente pelexando, un cámara que sempre o está gravando todo, un coxo que conta as escasas oportunidades que ten na vida pola súa dificultade, un viaxeiro, o señor do sombreiro, o suicida... entre outros moitos que xa nin lembro.

En resumo este libro gustoume bastante a pesar de ser de teatro, un xénero que a min non me soe apaixonar moito, non foi dificil de ler pero non é facil recordar ben a historia completa, xa que ao estar dividido en varias historias pequenas independentes, por así dicilo, das anteriores, é complicado lembrarse da maioría. Asía atoido, animo a xente a lelo e a descubrir ben a historia completa.

Carla Lema Domínguez (4º ESO)

Balda de Libros (XL): As alumnas, de Paula Carballeira

 

As alumnas. Paula Carballeira. Galaxia

Neste libro hai dúas personaxes Rosa e Elvira, a miña favorita foi Rosa xa que me pareceu moi honesta e tamén me pareceu unha persoa coas ideas moi claras.

Esta obra de teatro gustoume moito xa que é unha historia moi entretida e sinxela de ler.

O que menos me gustou deste libro foi cando Elvira lle contou a Rosa que se quería separar de Ricardo pola súa maneira de ser, tamén a reacción de súa nai ao dicirllo, xa que non a apoiaba e lle dixo que iso eran parvadas, iso deume moita pena porque ninguén apoiaba a Elvira. O que non me gustou de Rosa é que non tivera moi boa vida xa que non tiña unha boa economía.

O que si que me gustou moito das dúas é que quixeran ser mestras pola inspiración que lles daba María Barbeito, por querer seguir o seu exemplo e ser unhas boas ensinantes.

Un detalle que me gustou tamén deste libro é o seu reencontro xa que había moito tempo que non se vían nin se comunicaban porque non tiñan medios.

Esta obra recomendaríalla a calquera persoa, porque como xa dixen é moi sinxelo de ler e moi divertido e entretido.

Valeria Grela Bello (4º ESO)

Balda de Libros (XXXIX): Tartufo, de Molière. Trad. Loli Ramos Duarte

 

Tartufo. Molière. Trad. Loli Ramos Duarte, Positivas

Ola, eu son Nerea Sánchez Castro e vouvos dar a miña opinión sobre a obra teatral Tartufo. A min persoalmente este libro gustoume xa que me entretivo moito ao lelo, basicamente porque é moi emocionante xa que non te chegas a imaxinar o que pode pasar ao longo da historia e iso é o que o fai entretido para o meu pensar.

Á parte ten unha linguaxe que está moi adaptada á nosa idade e así o poidamos ler mellor e tampouco lle dá moitas voltas á historia e así énos moito máis fácil de entender.

O meu personaxe favorito é Orgon porque me pareceu moi bonito o xesto de rescatar a alguén da rúa (que non ten casa propia), e levalo para a súa propia casa.

O meu momento preferido da historia, sen pensalo moito, é o final porque é onde máis cousas pasan, por exemplo cando Tartufo cumpriu a súa ameaza e conseguiu botar a xente que estaba ocupando a súa casa levando os gardas para que os botaran porque tiñan o permiso de evacuación.

Nerea Sánchez Castro (4º ESO)

Cleanto é o meu personaxe favorito. Na obra, Cleanto interpreta o papel do cuñado de Orgón e distínguese por ser o que representa a voz sensata. É un individuo prudente e lóxico, cuxo propósito é alertar á súa familia sobre as verdadeiras intencións de Tartufo. No medio da cegueira de Orgón, a súa lóxica e o seu bo sentido son como un sopro de aire fresco.

Tartufo, é o personaxe que menos me gusta. A pesar de ser o personaxe principal e central, Tartufo é extremadamente manipulador e deshonesto. Mostra o seu falso fervor relixioso mentres planea aproveitarse da familia de Orgón, reflectindo así a hipocrisía relixiosa. É un personaxe desprezable pola súa falta de escrúpulos e moralidade.

Os momentos que me parecen máis interesantes son:

- Na escena, Elmira, a muller de Orgón, deixa ao descuberto Tartufo despois de darse conta das súas verdadeiras intencións. Pero en vez de enfrontarse a el directamente diante do seu marido, decide ocultar a Orgón para que poida presenciar a Tartufo intentando seducila. Neste momento importante, revélase a verdadeira esencia de Tartufo e a súa influencia en Orgón comeza a esvaecerse.

- Tartufo é arrestado ao final, e a familia de Orgón consegue salvarse. Ademais de ofrecer unha conclusión satisfactoria, este final destaca a xustiza e o castigo merecido para os hipócritas e enganando.

É difícil querer modificar algo nunha obra que tanto che gusta. Porén, o desenvolvemento do personaxe de Orgon na súa percepción de Tartufo puido observarse de forma máis gradual. Neste punto, o seu cambio de opinión é brusco, pero podería ter un impacto aínda maior se ao longo da obra se reflicten máis sinais das súas dúbidas e conflitos internos.

Resúltame difícil entender o vocabulario. Se tes un pouco de contexto e coñecementos sobre a linguaxe teatral, o texto é accesible e merece ser valorado.

Ainoha González Iglesias (4º ESO)

Balda de Libros (XXXVIII): Somos criminais, de José Prieto, Xosé A. Touriñán e Carlos Blanco

 

Somos criminais. José Prieto, Xosé A. Touriñán e Carlos Blanco. Positivas

Este libro gustoume e fíxome rir moito. Pareceume bastante curioso o feito de que se represente a fala tal e como nós falaríamos, recalcando por exemplo variedades dialectais como o seseo, a gheada ou incluso algúns castelanismos de xeito ocasional para plasmar o verdadeiro nome que lle damos ás cousas na fala coloquial. Por este motivo, facilítase a lectura e axuda a que entendamos todo sen problema.

Consiste nun diálogo que manteñen dous personaxes, Touriñán e Carlos, que andan comentando, á mesma vez que fan parodia, diferentes noticias que ocorreron en España e como serían esas mesmas se ocorreran en Galiza. Son dous personaxes reais coñecidos que saen bastantes veces na TVG.

O meu favorito é Touriñán, xa que sempre me pareceu moi simpático e bastante bo á hora de facer chistes.

Se prefires un libro de comedia co que vaias rir, sen dúbida, esta obra sería unha boa opción e por iso anímovos a lelo.

Uxía Mariño Parafita (4º ESO)