Somos criminais. José Prieto, Xosé A. Touriñán e Carlos Blanco. Positivas
Este libro gustoume e fíxome rir moito. Pareceume bastante curioso o feito de que se represente a fala tal e como nós falaríamos, recalcando por exemplo variedades dialectais como o seseo, a gheada ou incluso algúns castelanismos de xeito ocasional para plasmar o verdadeiro nome que lle damos ás cousas na fala coloquial. Por este motivo, facilítase a lectura e axuda a que entendamos todo sen problema.
Consiste nun diálogo que manteñen dous personaxes, Touriñán e Carlos, que andan comentando, á mesma vez que fan parodia, diferentes noticias que ocorreron en España e como serían esas mesmas se ocorreran en Galiza. Son dous personaxes reais coñecidos que saen bastantes veces na TVG.
O meu favorito é Touriñán, xa que sempre me pareceu moi simpático e bastante bo á hora de facer chistes.
Se prefires un libro de comedia co que vaias rir, sen dúbida, esta obra sería unha boa opción e por iso anímovos a lelo.
Uxía Mariño Parafita (4º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario