Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 4 de xuño de 2024

Balda de Libros (XXXVII): Reo, de Xesús Fraga

 

Reo. Xesús Fraga. Galaxia

Para empezar, a min este libro gustoume bastante xa que tampouco é un libro común, xa que fala dun neno chamado Reo, que verdadeiramente ese non é o seu nome e que fai grafittis. E ten unha banda de Hip-Hop.

Gústame tamén xa que engaden moitos personaxes e para min iso fai que a historia sea máis fácil, dinámica e entretida ao ler, xa que non se fai tan descritiva (neste caso) e hai máis historia. Tamén me gustou e non polo feito do final, si que me gustou porque me pareceu moi inesperado, non é un relato que se vaia ver o que vai pasar a non ser nos momentos con Cora (unha amiga), polo resto é todo bastante inesperado, e iso gústame. Pola contra, o que non me gustou foi o feito de que non dixeran que era “Oni” o segundo inimigo de Reo.

E por último, o meu personaxe favorito foi Cora, xa que aínda que non falara tanto como outros pareceume unha nena moi espabilada e agudiña, e á parte moi extrovertida e iso gustoume. E un dos que menos sería Thum xa que tampouco lle vin moito movemento pola historia e foi un pouco aburrido.

Carla Caramés Rivas (3º ESO)

Reo de Xesús Fraga é unha novela que me gustou moito xa que é un relato no que pasan moitas cousas que poden suceder hoxe en día.

A min gustoume moito o personaxe Reo, paréceme unha persoa á que a vida lle pon moitos obstáculos e aínda así segue adiante, sen ningunha dúbida é o meu personaxe favorito. Outro personaxe que tamén me gustou bastante é Cora xa que intentou escaparse dun sufrimento que lle estaba ocasionando súa nai aínda que despois non o conseguiu e tivo que marchar igual pero tamén me gustou.

Unha das escenas que máis me gustaron da novela foi cando na festa foron falar e arranxar algunhas cousas e acabaron gustándose e dándose bicos. E outra das que máis me gustou foi cando encontraron o seu amigo morto e querían ir ao seu enterro, non sabían como era o seu nome real, entón non sabían se ir ou non porque non coñecían a ninguén da súa familia nin nada, só sabían o seu alcume e nada máis.

A novela en si gustoume bastante e pareceume fácil de ler e interesante.

Lara Piñeiro González (3º ESO)

O que máis me gustou deste libro é a súa historia e como trata ao seu personaxe, se a analizamos encontrámonos a un rapaz de dezasete anos do que non se nos dá o seu nome pero si o alcume Reo, un rapaz ao que non lle gustan os estudos e quere dedicarse á escritura en muros, o que vén sendo o grafiti. Vamos, o típico un rapaz adolescente ao que non lle gustan os estudos e quere dedicarse á súa paixón que neste caso vén sendo o grafiti. A este rapaz sucédenlle uns acontecementos que o van cambiar a el e á súa forma de pensar, conflictos cos pais, problemas coa moza, a policía..., estes feitos que nos dá a historia e abrandan ao personaxe son o que me encanta deste libro xa que polo menos no meu caso síntome identificado co personaxe e faime collerlle cariño e aprecio.

Non estou dicindo que os seus actos estean de todo ben pero tampouco o critico e penso que non debe de ser fácil que o teu pasatempo favorito non sexa de todo legal.

Se a isto do personaxe e a boa historia que transmite lle engadimos a linguaxe doada e vulgar que manexa fai unha mestura na que sae un libro moi divertido e o cal recomendo que o leades.

Mateo Pérez Vázquez (3º ESO)

Esta novela trata sobre a historia dun grafiteiro, o cal esconde o seu verdadeiro nome co seu nome artístico: Reo é un libro que me gustou moito posto que a historia atrápate dende que comezan as ‘pelexas’ entre Reo e Virus, que é outro grafiteiro coñecido naquel lugar.

En xeral o libro ten unha historia que atrapa a calquera persoa porque non só trata de grafitis, senón que tamén se aprecia a historia dun rapaz de dezasete anos que ten amigos, os cales non son poucos, estudos, que son un punto importante da historia porque Reo terá que ter sempre na súa cabeza no transcorrer do libro que os exames finais estaban por chegar. Ademais diso, a forma na que o narrador vai contando as cousas paréceme axeitada posto que explica o suficiente as cousas e si fai falta danse detalles.

A linguaxe do libro pareceume axeitada porque a persoa que está a falar coma narrador é un adolescente, así que non podes esperar que che vaia falar coma se fose un home culto, senón que ten as súas maneiras coloquiais de dicir algunha que outra palabra, ese detalle gustoume moito.

Para finalizar, o libro ten un desenvolvemento bastante bo xa que vai ao que vai (aínda que poden resaltar algunha matiz especial dalgún momento pero non son innecesarias tampouco) e os personaxes son bastante variados e interesantes

Diego Vásquez Fernández (3º ESO)

Reo, un rapaz de dezasete anos a piques de cumprir os dezaoito, acabando bacharelato, ao que lle gusta moito facer graffitys pola rúa, porque ten moi boa man para pintar.

Ben, este libro lese moi fácil e ten un vocabulario moi sinxelo de entender e axeitado para a nosa idade. Algo que non me gustou moito é que ten un final moi aberto e a min persoalmente non me gustan os relatos que te deixan coa intriga do final sen saber o que pasará.

Tamén non me gustou moito este libro porque aínda que trate un pouco do amor de adolescentes pareceume un pouco aburrido xa que a maioría trata dos graffitis e a min iso non me interesa.

O meu personaxe preferido é Sen xa que para a idade que ten xa ten pensado sacar un álbum xunto co seu irmán xemelgo, e ten moita iniciativa. E outro que me gustou moito foi Reo xa que é o protagonista da historia e non se rende na busca de Oni.

Un personaxe que non me gustou nada foi Oni xa que é o contrincante de Reo, o protagonista, e nunca se sabe quen é.

Se vos gustan os libros con final intrigante anímovos a que o leades pero se ese non é o caso non volo recomendo ler xa que vos vai parecer aburrido.

Laura Rodríguez Seoane (3º ESO)

Reo é un libro de Xesús Fraga que conta a historia dun rapaz que está a acabar o bacharelato chamado como di o título, que quere ser o rei dos graffitis pero ten competencia cun deles, Oni. Tamén ten un lugar cos seus amigos chamado A-100 Grew.

Nesta novela hai moitos personaxes pero o meu personaxe favoritos é Reo xa que axuda as persoas e loita polo seu soño de ser o rei dos graffitis no seu barrio. E outro personaxe que me gustou moito foi Cora (unha rapaza brasileira que cursa na clase de Reo) porque e unha rapaza moi valente e simpática. Hai moitos personaxes como os irmáns xemelgos Sen e Rai, amigos de Reo que eran moi distintos pero a súa paixón pola musica uníaos.

O momento máis interesante para min foi cando Reo e Cora quedaron mirando as luces.

Eu cambiaralle o final porque é moi aberto xa que te deixa con moitas dúbidas e gustaríame que o relato acabara cun final máis pechado.

A min, persoalmente gustoume moito o libro paréceme fácil de ler e rápido, ademais é entretido aínda que podía ter un desenlace diferente.

O vocabulario non é moi difícil e enténdese ben. Recoméndollo á xente que lle gusten os libros de adolescentes.

Lidia González Rey (3º ESO)

Para min Reo foi un libro moi bo para ler porque non ten palabras moi complexas nin vocabulario moi difícil de entender como outros textos que dificultan a súa comprensiónn.

En canto á historia que nos conta, non me gusta moito simplemente porque non nos dá nada informativo e non é un tipo de libro que me guste, porque prefiro os temas de acción que che fagan sentir un pouco de emoción.

O que son os personaxes foi o aspecto que máis me gustou, sobre todo o personaxe de Reo, que é o protagonista, porque non é un personaxe plano e tamén hai aspectos que non me gustan tanto como a súa actitude porque é algo egoísta, a peor parte de todo.

Para min, sen dúbida o título é enganoso porque non nos permite entender se a historia que se vai contar nos vai gustar porque non nos axuda a saber que tipo de libro é, non che dá ningunha pista sobre o tema da novela e tes que comezar a lelo para saber de que trata.

Brais Castro Señarís (3º ESO)

Para min foi un dos dous libros que máis me gustou, aínda que é algo longo, pero lese rápido e unha vez que empezas a ler non te podes parar porque é moi interesante polo que vai acontecer. E o que mais me chocou foi o final porque non me esperaba nada así.

O personaxe que máis me gustou foi Cora, unha nena brasileira, porque parece moi boa nena e quérelle moi ben a todos os personaxes da historia e sempre está feliz.

Tamén me gustou moito Reo porque é un enredante e á parte empezou a facer grafitis sin ter idea, só porque lle gustaba e tivo que competir contra dous reis dos grafitis ata gañarlle e asi el conseguiu ser o ( rei ) polo esforzo que lle botou a prácticas polas rúas.

Os que menos me gustaron foron os mellizos porque son moi paradiños, calados e vergonzosos ata co do club.

É fácil de ler porque o vocabulario é moi sinxelo, por iso recoméndolle a lectura a todas as persoas, xa que é válido para todas as idades.

Ángel Castro Noya (3º ESO)

Ningún comentario: