Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



miércoles, 19 de junio de 2013

Andel de Libros (LXI): Misterio en Guernica, de Xosé Manuel Fernández Castro



A min este libro gustoume moito porque é un libro moi entretido, digo isto polas cancións que engade en cada capítulo, xa que non son cancións que poidas escoitar en calquera lugar porque teñen a letra cambiada polo autor.
Ten un vocablario moi sinxelo e a historia é moi fácil de comprender.
O final pola miña parte gustoume xa que non se esperaba ese desenlace ata o último capítulo, é dicir, que garda algo de intriga ata o final.
O momento do libro que máis me gustou foi cando Flor está a punto de dar a luz xa que é un momento de moita tensión.
Este libro xa o representamos con títeres na escola o que me fixo entendelo moito mellor aínda que sexa fácil de entender.

Diego González Viqueira (4º ESO)

Andel de Libros (LX): Memoria de Helena e María, de Roberto Salgueiro



O libro gustoume, aínda que é unha historia triste.
Non entendo como Helena abandoou a súa filla por uns libros, entendo que lle recordaran ao seu home, pero Manuel xa estaba morto e a súa filla non, creo que a maioría das nais loitarían por volver a estar coa súa filla.
Gustoume o forte que se mostra María durante case todo o tempo da historia, pero non entendo como pode chegar a odiar tanto a súa nai, porque, ao fin e ao cabo, nai só hai unha.

O libro é fácil de ler, pero o dato que dan ao principio do libro ( Helena, muller nova e María, muller maior) despista e confunde moito, pero despois durante a lectura xa se dá unha conta de a que se refire.

Marta Brea Martínez (4º ESO)

Andel de Libros (LIX): Alicia no país das marabillas, de Lewis Carroll



Gustoume o libro de Alicia no país das marabillas porque é entretido e lese moi rapido, pois ten un vocabulario moi fácil.
O contido da historia en si está ben, porque mostra un mundo moi distinto onde os animais, onde unha baralla de cartas pode descabezar alguén. Pero o final ensina que ese mundo non é real senón un soño que está a vivir Alicia.
A parte que máis me gustou do libro foi a do final, pero en xeral gustoume.
Eu recomendo ler ese libro porque todo o mundo coñece a pelicula pero non é o mesmo.

Iria Fajín Casas (3º PDC)