Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



domingo, 25 de xaneiro de 2015

Planazo para 7 e 8 de Febreiro

Os obradoiros organizados pola AC Senunpeso no Laboratorio Audiovisual de Vedra (LAV), ao ladiño de Compostela,  pretenden poñer ao alcance de todos e todas a formación no sempre cambiante mundo do audiovisual e a tecnoloxía da comunicación. Os cursos son impartidos por grandes profesionais na súa área, con anos de experiencia facendo o seu traballo, e a formación é inminentemente práctica e intensiva.

O LAV é tamén unha oportunidade para poñerse en contacto con profesionais a través da intensidade da convivencia durante todo un fin de semana de traballo intensivo. De feito, de anteriores edicións do LAV teñen saído interesantes colaboracións entre alumnos e profesores.

Este ano a oferta formativa é de 11 obradoiros. Como todos os anos, o destinado ao alumnado de ESO, é gratuito. Videocreación con móbiles, interpretación, maquillaxe Fx, vídeo con reflex... Botádelle un ollo. Aquí.