(Fotografía: Arquivo do Concello de Boqueixón)
VACACIÓNS
NO PICO SACRO
-Inés
esperta!! apura!- dixo Andrea
-A ver... que che pasa agora?-
dille Inés, abrindo a boca insinuando ter sono .
-Marchamos!- dille Andrea
-A onde?
-Como que a onde? Marchamos a
Boqueixón, facerlles á tía Carme e ao tío Xoán unha visita
-O que? Non era a semana que
vén?- dille Inés
-Non! A semana seguinte
voltamos. Así que apura a facer a equipaxe, marchamos ás 10:00.
Non tardes e non te abrigues moito que vai calor.
-Ala, marcha- di Inés- xa me
apaño eu .
-Recorda ás 10:00 na porta
principal
-Que siiiii…., marcha xa!
Inés senta na cama por riba das
sabas, colle as zapatillas de andar pola casa e logo de poñelas,
achégase ao armario, abre as portas de madeira de pino puída con
dous grandes espellos. Abríndoas de par en par escolle entre
algunhas pezas de roupa. Sae da habitación coma unha bala, vai a un
moble situado no corredor da planta baixa e colle a maleta co seu
nome en letras negras, con coidado de non tirar as fotos familiares
de arriba do moble. Colle pezas de roupa de andar a cada día e
algunha das festas. Finalmente colleu o pixama e roupa de andar á
carón e zzaass…. Pechou a maleta coma un raio. Mirou cara ao
reloxo da parede en forma de gato, viu que eran as 10:00, e lanzouse
coa maleta pola varanda de madeira das escaleiras coma quen baixa por
un tobogán. No medio do corredor do baixo estaba o seu gato siamés
deitado panzola para arriba na alfombra de rombos verdes e vermellos.
Con cautela deixou a maleta e colleu ao gato no colo, este miañou e
lambeulle o nariz, a lingua era peluda e áspera pero sentiu igual o
afecto que o gato mostraba cara a ela. Nese momento sentiu un
bucinazo, eran seus pais que xa estaban no coche. A nena pousou o
gato no chan pechou a porta da casa e dixo: Ata pronto FISTERRA!!!!
e coa mesma meteuse no coche dos pais. A Inés ruxíronlle as tripas
e dixo:
-Vaia, non almorcei!
Seu pai, un home alto, de pelo
negro, ollos azuis e sombra de barba dixo:
-Eu xa pensei niso!
Tendeulle a nena unha bolsa
marrón de papel que contiña dentro o almorzo: zume de laranxa en
botella e unhas torradas con manteiga e xamón.
-Gracias papá! -exclamou a
nena- Sempre pensas en todo.
Inés coa barriga farta quedouse
durmida e despois dun bo anaco, esperta co ruído.
-Chegamos, chegamos,!! -di a súa
irmá Andrea.
Acababan de chegar á casa dos
tíos ao carón do Pico Sacro, a casa deles é a máis próxima ao
monte,
-Iso de estar en natureza sempre
mola e máis acostumada a vivir libremente en Fisterra.
Despois de estar un pouco cos
tíos as dúas irmás saíron a explorar e coñecer aquilo un pouco,
colleron o sendeiriño do río onde se atoparon cun neno que estaba
intentando pescar cun garabullo e un sedal, como se aquilo fose o
mellor aparello de pesca fluvial, elas entre risas saúdan e empezan
a conversar:
-Ola, que estás a facer?
-Podémosche axudar?
-Eu chámome Mateíño e vós?
-Somos Andrea e Inés e non
coñecemos nada disto pero parece moi fermoso.
-Pois eu podo ser o voso guía,
total pescar non pesco nada..!
-Xenial!
-Imos cara ao cumio do monte e
dende alí poderemos ver case toda Galicia, seguro que vos gusta!
Cando ían subindo toparon cunha
cova e elas preguntaron que tipo de rochas había alí, xa que Inés
acordábase das clases de 1º da ESO con D. Pablo, das rochas e dos
minerais, do cuarzo, da cuarcita, da pirita e non sei que montón
máis, que espertara nela un gran interese e mesmamente nos recreos
xogaba cos seus amigos a facer escavacións na parte traseira do
instituto.
Os tres puxéronse a facer iso
precisamente cavar e rebuscar, cada anaquiño de rocha que collían
era máis sorprendente, unhas brancas, outras grises, outras con
píntegas, unhas brandas, outras durechas, unhas máis brillantes
outras menos, pero de súpeto apareceu unha de cor azul, outra coma
dourada, así seguiron vendo rochiñas interesantes ata que sen
contalo apareceu o que semellaba ser unha xoia medio gastada, como 3
pedriñas superpostas, como se fosen parte dun colgante ou dun
colar. Inés que como xa sabedes era a máis especialista no tema das
rochas, encargouse de gardalas na súa mochiliña e correron cara á
casa de Mateíño. Dende o correo electrónico contactaron co
profesor D. Pablo que lles dixo que aquilo podería ser un achado
importante incluso da etapa medieval, e isto a Inés soáballe porque
acababa de estudala en Historia de 2º da ESO.
-Non deixo de abraiarme con cada
cousa que aprendo, como me acordo das miñas clases de Historia do
ano pasado, cada vez vexo que son máis interesantes, aínda ía ter
razón D. Anselmo, por certo que será del?,
-Agora xa non está no colexio,
xubilouse- dixo Inés.
Inés a primeira noite non puido
durmir pensando se sería unha xoia da Raíña Lupa, da que falara o
mestre de Lingua.
Os tres rapaces acordaron enviar
unha carta e unha foto ao Museo Arqueolóxico e Medieval coa que se
armou unha boa, saíu a noticia nos xornais, na TVG e entrevistáronos
na radio Obradoiro.
Foron días inesquecibles nas
vacacións do Pico Sacro.
MIRIAN OTERO SANDE (2º ESO)