Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



viernes, 15 de noviembre de 2013

Historia oculta dun "superventas"

"¡Esto es mucho mejor que cualquier otra cosa que me hayas traído nunca, papá!", le dijo Alice a su padre, después de leer los primeros capítulos de…

Esta es la historia de cómo ese libro vio la luz.


El padre de Alice es editor, especializado en libros infantiles. Y tiene por costumbre llevar a casa libros, notas, cuentos de todo tipo que da a leer a su hija. Una tarde de tantas, Alice, buena lectora pese a su edad, oye a su padre llegar y corre a abrazarlo. Hoy no ha sido un buen día y papá ha olvidado traer alguna lectura nueva para su hija.

Solo lleva consigo un texto poco interesante que ha recibido en la oficina. Escrito con máquina de escribir, no le parece tan estimulante como para que merezca el interés de la pequeña Alice. Pero la cara de la niña, expectante e ilusionada le hace cambiar de opinión y le entrega el manuscrito mecanografiado.

A ella no le importa que el texto destile poca "modernidad" por no estar escrito en ordenador. Alice corre a su cuarto a devorar su nueva adquisición. Una hora más tarde vuelve de su cuarto y le espeta a su padre:




"¡Esto es mucho mejor que cualquier otra cosa que me hayas traído nunca, papá!"

                                                     ---------------------------------------

Aquí poderás saber de qué libro está a falar...

Balda de Libros (V): Sobrevives?, de Fina Casalderrey


Sobrevives?, de Fina Casalderrey, Xerais

Este libro faiche ver moitas cousas.
Un rapaz que vai pola vida sen que ninguén lle poña educación non pode acabar moi ben. Seu pai, eu creo que pasaba del, porque nunca lle dicía nada .Cando morreu súa nai ninguén soubo estar con el como lle facía falta e entón el quíxose facer o duro. Pero ir pola vida desa maneira tampouco ten moito futuro, menos mal que tiña un amigo ao que poder recorrer.
Cando viu a través de Cali o que era o mundo das drogas quedou desfeito e eu creo que o fixo recapacitar.
Tamén penso que lle faltaba moito cariño e que se encontraba moi só.
Isto faiche entender o importante que é ter  unha boa educación e sobre todo ter una familia e uns amigos que miren por ti e na que te poidas apoiar cando realmente che fai falta.

Sheila Bouzas Leis (3º ESO)


Este libro gustoume moito, porque conta a vida oculta, por dicir dalgunha forma, dun rapaz que parece que é feliz, pero no fondo está a vivir outra vida que ninguén coñece.
Para min a escena máis importante da historia é cando Francisco encontra o diario persoal de súa irmá , xa que alí foi onde coñeceu a verdadeirra vida que levaba, e que seu tío era drogadito e non pode deixar a súa adicción ás drogas.
O tema paréceme triste e emocionante á vez, paréceme triste porque lle morre a nai a Fran, ten un tío drogadito, e a súa irmá estao a pasar mal. Paréceme emocionante porque Fran vive moitas aventuras no colexio, cos amigos ou cos cans.
Non faría ningún cambio na historia, paréceme que todas as partes do libro están ben redactadas e ó final paréceme mellor o que ten o libro que o final que fixen eu.
A lingua paréceme bastante fácil, aínda que había algunhas palabras que non entendía e as tiven que buscar no dicionario, e outras que se sacaban polo contexto.

Jennifer López Becerra (3º ESO)

Balda de Libros (IV): Illa Soidade, de An Alfaya





Este libro para o meu gusto está bastante ben, xa que expresa moitos sentimentos, e mostra a vida dende o punto de vista dos indixentes.
Para min a escena máis importante foi cando Soa dixo que ela fora quen lle prendera lume á figura que fixera Jean, e todo iso por ciumes, porque ela quería vivir xunto a el.
O tema paréceme triste, xa que os indixentes dan pena só con velos, e aínda máis se che contan toda a súa historia, e de cómo chegaron a esta situación.
Non faría ningún cambio na historia, pero gustaríame que ao final contara un pouco como lle ía nos estudos, se coñecera novos indixentes... pero polo demais paréceme que está ben feita.
A lingua pareceume intermedia, porque non é moi complexa nin moi fácil, xa que tiven que buscar algunha palabra que outra no dicionario.
 
Jennifer López Becerra (3º ESO)