Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



viernes, 15 de noviembre de 2013

Balda de Libros (IV): Illa Soidade, de An Alfaya





Este libro para o meu gusto está bastante ben, xa que expresa moitos sentimentos, e mostra a vida dende o punto de vista dos indixentes.
Para min a escena máis importante foi cando Soa dixo que ela fora quen lle prendera lume á figura que fixera Jean, e todo iso por ciumes, porque ela quería vivir xunto a el.
O tema paréceme triste, xa que os indixentes dan pena só con velos, e aínda máis se che contan toda a súa historia, e de cómo chegaron a esta situación.
Non faría ningún cambio na historia, pero gustaríame que ao final contara un pouco como lle ía nos estudos, se coñecera novos indixentes... pero polo demais paréceme que está ben feita.
A lingua pareceume intermedia, porque non é moi complexa nin moi fácil, xa que tiven que buscar algunha palabra que outra no dicionario.
 
Jennifer López Becerra (3º ESO)

No hay comentarios: