Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



Amosando publicacións coa etiqueta casalderrey. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta casalderrey. Amosar todas as publicacións

martes, 22 de xaneiro de 2013

Fina Casalderrey, unha Muller na Real Academia Galega (por fin!!)


Reproducimos a alegría da Asesoría de Bibliotecas Escolares, que compartimos, ante as boas novas para a literatura galega:

"A RAG (Real Academia Galega) acaba de elixir a Fina Casalderrey como académica numeraria.
Con Fina entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura infantil e xuvenil. Diso vai tratar o seu discurso de entrada,  escoitaremos esas palabras que tratan desta literatura non sempre asumida como LITERATURA (con maiúsculas).
Realmente estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que entre outros conta con Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Unha muller que ademais é mestra (¿acaso se deixa de ser por non ir xa á escola?) e, polo tanto, mediadora do libro. Unha académica de luxo!"

Imaxe: fina.casalderrey.com
Pincha aquí para saber máis sobre a autora

luns, 28 de febreiro de 2011

E ti...¿Sobrevives?


¿Sobrevives? narra a estremecedora historia de Moni, Francisco Sánchez Loiro, un mozo de dezasete anos que cursa dificultosamente os seus estudios de formación profesional. A súa reiterada mala conducta, as súas amizades sorprendentes, a súa obsesión pola caza e polos seus cans podengos, o seu resentimento oculto e as súas absurdas reaccións, unidas á vivacidade inquietante dos seus enormes ollos, non deixan de abraiar continuamente ó profesorado e ós seus compañeiros. Moni é unha permanente mancha negra que se resiste a desaparecer. Moni, o protagonista de ¿Sobrevives?, vive dacabalo entre un mundo urbano que o rexeita, e no que vive dolorosamente, e un mundo rural que o acolle case amorosamente. Un contrapunto moi eficaz e, sen dúbida, sorprendente para os lectores. En palabras da propia autora ?Moni renega do que se lle antolla arbitraio e absurdo. Dos formulismos que non responden a ningunha sensibilidade. Non todo o que atopa no medio rural o arroupa no seu remuíño interior. De feito é nos seus podengos nos que confía case en exclusiva e pon esperanzas no futuro?.