Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



Amosando publicacións coa etiqueta blogs. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta blogs. Amosar todas as publicacións

luns, 15 de outubro de 2012

Cousas de meigas...

Querid@s:
Están a pasar cousas raras que impiden visualizar correctamente o diseño do blog, accedendo dende o navegador de Internet Explorer. Cónstanos que isto non ocorre accedendo dende Mozilla ou Google Chrome. Agardamos que se dea solucionado nos vindeiros días, se non, estamos a plantexarnos emigrar a outra plataforma blog e pasar desta na que estamos...
Xa vos iremos dando conta dos cambios se é que os hai. 
Estes duendes da informática están a superarnos, con todo o traballiño que temos que facer!!!

martes, 4 de outubro de 2011

Sorteo do interesante libro de Rocío Carmona


La gramática del amor é o interesante título do libro que o blog "Las hadas del bosque lector" vai sortear proximamente. Este libro xa foi comentado aquí o 8 de Febreiro, co motivo da escolla de libros para celebrar o San Valentín: http://bibliotrazo.blogspot.com/2011/02/la-gramatica-del-amor-de-rocio-carmona.html

Invitámosvos a todos a participar e a botarlle un ollo ao blog destas tres fadas.

Aquí tedes as bases para participar:


martes, 3 de maio de 2011

2º ESO: O mellor blog do mes (Marzo) do Programa Prensa-escuela da Voz de Galicia


Gañamos!! Pincha aquí:



E agora a polo premio anual do mellor blog, pero mellor que volo conten eles mesmos. Isto comenta Alba Docampo no propio blog de 2º ESO "Matemáticas diarias en Trazo":

"É un honor enorme dicir: GAÑAMOS!, grazas o noso esforzo día a día, o entusiasmo en aprender cousas novas sobre a tecnoloxía moderna, ,é o máis importante que sempre que un compañeiro necesitaba axuda non había ninguén en negarlla, ao contrario sempre había mogollón de xente encantada de axudar. Por iso eu pregúntome: ímonos render? Pois non, imos conseguir ese premio do mellor blogue do ano, imos a por todas rapaces non poderán con nos. Xuntos podemos, e temos que ir con moita máis forza agora que fomos o mellor blogue de Marzo. Conseguirémolo, porqué? Porque somos trácense e nos somos galegos ata que morremos non viva Galicia e vivan as Matemáticas e viva o noso blogue. Agarrádevos agora imos con forza. O noso 2º pode con todo, veña rapaces ánimo ! Podemos facelo!."