Polaroid. Suso de Toro. Xerais
Polaroid é unha novela de Suso
de Toro, a cal supuxo un gran cambio na maneira de escribir dos
autores.
É
un libro que non ten unha única historia que contarnos, cuns
personaxes principais e un gran trasfondo detrás, se non que son
simples relatos pequenos. Con Suso descubrimos que hai máis maneiras
de narrar historias, que non sempre hai que caer na estrutura
canónica dos libros,
senón que se pode innovar, como fixo el, e ter grandes resultados.
Algúns
poden dicir que é unha narrativa absurda, sen sentido, pero para min
é unha novela que fala de costumes, algúns con algo de fantasía,
pero a gran maioría fainos recordar momentos pasados e empatizar con
algún personaxe, dunha maneira máis íntima xa que nos contan
historias reais e cotiás, que nos poderían pasar a nós. Insisto en
que non todos os relatos nos contan feitos cotiás, ao contrario este
libro tamén ten capítulos moi fantasiosos.
Persoalmente
si que recomendaría este libro, baixo a miña opinión é moi
entretido e nalgún capítulo ata che fai rir. Ademais é moi fácil
de ler o que nos axuda a desfrutalo máis.
Victoria Domínguez Marinho (4º ESO)
Este libro conta moitas historias
por separado, e como non é o que estamos acostumados pareceume moi
interesante, aínda que non é tan fácil de entender coma se contara
unha historia soa, para a miña opinión.
De
todas as historias hai algunhas que me pareceron moi doadas de
entender e outras que non tanto, a maioría son bastante curtas,
aínda que hai algunhas máis longas. Creo que todas che dan algo que
aprender, sempre teñen unha reflexión final, as cales a min
fixéronme pensar bastante, e iso é algo positivo, que dos libros
tamén se poden aprender moitas cousas.
De
todas as historias a miña favorita foi a do quiosco de Mauro, xa que
me pareceu moi interesante, e moi fácil de ler e de entender.
Pero
o meu personaxe favorito, foi o da última historia, que acontece
nunha carnicería, e a min esa deume
moito que pensar, xa que era unha inxustiza, o pobre home como era o
empregado tivo que calar cando tiña toda a razón.
Recoméndovos
moito este libro, estou segura de que á maioría vos vai gustar
moito, ademais é moi sinxelo.
Zaira
Antelo Iglesias (4º ESO)
Polaroid é un libro moi
interesante, pero para min é algo complicado de entender, xa que en
cada capítulo conta unha historia diferente, sen ter relación coas
outras historias.
En
xeral é moi fácil de ler, algún capítulo pode ser algo máis
complicado, pero aínda así lese bastante ben. Ademais lese moi
rápido, xa que son capítulos moi curtos e entreteñen moito.
Para
min o momento máis importante do libro foi cando Nando lle rompeu os
cristais do quiosco a Mauro, xa que me parece moi egoísta pola súa
parte.
O
meu personaxe favorito é Mauro, xa que para a miña opinión é moi
bo home, e non se merece moitas cousas que lle fan.
E
o personaxe que menos me gustou foi Nando e os seus amigos porque me
parecen moi malos e sobre todo egoístas por facer cousas malas e non
poñerse no lugar de Mauro.
Tampouco
me gustou moito o pintor xa que soamente traballaba un día á semana
e porque lle gustaba ese día, así que considero que é bastante
vago e lacaceiro, polo que non é moi traballador.
Nuria Recouso Pena (4º ESO)
Este libro non me convenceu moito
porque me pareceu que había bastantes capítulos con diferentes
historias e ao final resultaba moi enleado, pero se tivera unha soa
historia e non tantas gustaríame máis xa que había algúns
capítulos que me resultaron moi entretidos coma por exemplo o do
quiosco de Mauro que foi a historia que máis me gustou e máis
interesante me pareceu.
Por
iso unha das miñas personaxes favoritas tamén foi Mauro xa que me
pareceu moi valente ao quedar asomando na súa tenda para descubrir
quen eran os malfeitores que lle romperon as ventás.
E
a personaxe que menos me gustou foi Concha porque opino que foi moi
mala poñéndolle os cornos ao seu home en vez de intentar arranxar o
problema e buscarlle unha solución, ou en vez desa alternativa
podíao deixar e separarse del. Penso que foi unha personaxe que
tampouco tivo empatía, xa que se a ela lle fixeran iso non lle faría
ningunha risa.
Este
libro aínda así pareceume moi sinxelo de ler.
Valeria Grela Bello (4º ESO)