Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



venres, 4 de novembro de 2011

Hoxe celebramos o Día da Ciencia en galego

Entre outras actividades, o alumnado de Secundaria foi repartido en grupos para a elaboración de prácticas curiosas e divertidas no laboratorio e outras aulas. Algúns dos experimentos foron realmente asombrosos. A algúns e algunhas quedounos a cara do alumno da imaxe diante dos efectos "físicos e químicos" que estabamos a presenciar.

Noraboa ao profesorado do Departamento de Ciencias e do Departamento de Física e Química por botar a andar esta iniciativa.

Queres contarnos como foron os experimentos? Cal foi o que máis che gustou? A nós chamounos especialmente a atención o do vinagre misturado con bicarbonato en efervescencia. Nunca tal víramos! . Cando nós estudiabamos, non se facían estas cousas!



Os teus comentarios teñen moito VALOR


Xa chegou Novembro e con el boas novas dende a biblioteca.
Queremos incentivar a participación do alumnado no blog. Queremos que comentedes, opinedes, cuestionedes...todo o que aquí vamos colgando. Todo o traballo que dende aquí facemos está pensado para vós e por vós. Quixéramos tamén facelo "CON VÓS".
Para iso, queremos continuar cunha labor comenzada o ano pasado e desenvolvida polo alumnado de 4º ESO, organizándose en grupos pequenos: entrevistas a ex-alum@s, entrevistas a profesor@s (proxecto que se quedou neso, nun proxecto), crónicas sobre a Liga de Fútbol Sala do cole, crónicas sobre o Trazo F.C., opinións sobre libros, artigo sobre os Xeitosos de Trazo, artigos varios sobre cousas que vos interesen... Pasade pola biblioteca e falade con Asun, ou ben, enviade as vosas propostas (enlaces, noticias interesantes q vedes por aí, opinións sobre os contidos do blog...)Toda colaboración será benvida e celebrada.
Ademais, imos premiar este trimestre a aquel@s alumn@s que fagan máis comentarios (con xeito) no blog. Os comentarios podédelos facer abaixo de cada noticia que colgamos. Xa hai moitas colgadas este curso, botádelle un ollo, e iremos colgando máis. Á dereita, abaixo, tedes as etiquetas cos temas que fomos tratando. Hai de todo, para todos os gustos e afecións. É moi fácil comentar. A lista dos que máis comentan podédela ver no blog, á dereita. Conforme vaiades comentando a lista irase renovando e os situados nos primeiros postos obterán un "detalliño/regaliño/premio"(e digo "-iño" porque xa sabedes que andamos con recortes e con crise), en Decembro, antes de marchar de vacacións.
Animádevos, porfa, que a veces temos a sensación de que ninguén de vós nos le :(