Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 25 de septiembre de 2012

Chove pra que eu soñe...



Caen as follas...
sinto unha cousa
que se apousa en min e non me toca.

E chove pra que eu soñe, pra que eu soñe,
fala a tarde baixiño.
 
(Uxío Novoneyra)
 

Vídeo de «Carapuchiña e o Pobo Feroz», curtametraxe baseada nun relato de Males de cabeza, de Fran Alonso


Males de cabeza é un libro de relatos de Fran Alonso que se atopa na listaxe de lecturas para o noso alumnado de 4º da ESO na materia de Lingua e Literatura Galega. Na bitácora de Xerais, editora do volume, infórmanos que xa se pode visionar unha curtametraxe baseada nun dos relatos que fan parte do libro.
Velaquí a anotación que realizan no blogue de Xerais:
«Xa se pode ver na rede o vídeo de Carapuchiña e o pobo feroz, curtametraxe producida por Que conto producións baseada nun relato co mesmo título de Males de cabeza, de Fran Alonso. A película, que logrou o Sacho de Ouro á mellor curta no Festival Curtello 2011, está dirixida por José Araújo e protagonizada por Toni Salgado (lobo) e María Roja (Carapuchiña), Gloria Sampedro (avoa), Nani Matos (pai), Graciela Riobó (bruxa), Antonio Barreiro e Alberto Ardid. Na páxina de Que conto producións en Vimeo poden verse tamén as versión dobradas ao italiano, ao inglés, ao francés e ao castelán».
E aquí o resumo que aparece en Vimeo:
«O Lobo vive só nos bosques. Hai tempo que non ten unha manada coa que estar, e considera que xa é o momento de compartir a súa vida con alguén. Un día coñece a Carapuchiña, unha fermosa rapaza filla dun rico terratenente. Fan moi boas migas, e empezan a pasar moito tempo xuntos.
O que parecía unha relación soñada, vaise converter para o Lobo nun pesadelo cunhas consecuencias fatais
».