Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



xoves, 21 de febreiro de 2013

Twitter en galego! (No Día Internacional das Linguas Maternas)


(Fonte: Twitterengalego)

Despois dun longo camiño, que xa vai para dous anos. Este 20 de febreiro do 2013, a rede social Twitter pon a disposición das e dos seus usuarios a lingua galega. Non foi sinxelo, nin moito menos conseguir que isto fora posíbel. Moitas persoas poden pensar que Twitter estea en galego é a cousa máis normal do mundo, máis non se enganan nada. Pero a verdade sexa dita, tivo que pasar moito tempo e as reivindicacións ser constantes para que poidamos “chíar” polo Twitter.


Pode gustar ou non, que en vez de tweets falemos de chíos. Máis o termo chíos, foi empregado de forma espontaneamente dende o inicio da iniciativa, levando consigo un afán máis que de orixinalidade. Chío, non é o mesmo que piar. Non é polo seu significado morfolóxico, nin pola súa definición establecida, aínda que pío lle sente mellor o paxaro Larry. Pois o chío é un “berro” na rede social, que intentaba pasar da forma que fora a indignación de moitos usuarios e usuarias, que non dispoñían da súa propia lingua nesta rede. Ante a polémica de que aparezan termos “inventados”, como o exemplo anterior ou rechío, é froito da libre decisión das decenas de tradutores e tradutoras que empregaron o seu tempo traducindo, que elixiron de forma democrática estes novos termos para nomear a unhas palabras que xa viñan determinadas e que finalmente se puideron mudar. Esta nova terminoloxía pode gustar máis ou gustar menos, pero non hai que esquecer que foi a elección de toda esa xente que participou na tradución, merecendo só por iso, respeto pola súa labor. Máis non hai que esquecer que o Centro de Tradución está aberto para quen quixer axudar na tradución e votar os termos máis correctos. Aínda así, a nova versión está gustando a todos eses tuiteiros e tuiteiras que xa mudaron a súa lingua de Twitter ó galego.

Andel de Libros (XXVIII): La rosa del Kilimanjaro, de Carlos Puerto

 

La rosa del Kilimanjaro (Edelvives), de Carlos Puerto

Este libro llamado La rosa del Kilimanjaro es un libro que podía gustarle a cualquiera que lo leyera porque trata sobre animales como pelícanos, serpientes, guepardos ,elefantes búfalos, cebras , ranas, leones, rinocerontes y muchos más, que trae esta historia.

Trata de una chica que conoce a un chico en África y que juntos vivirán una emocionante aventura actuando en defensa de la naturaleza. Al final de cada capítulo hay adivinanzas, mensajes y acertijos que ayudan a vivir la aventura de Rosa.

Este libro no tiene muchas palabras desconocidas (y si las tiene se miran en el diccionario). Por lo tanto, es fácil de leer y le podría gusta a mucha gente. porque a quien no le gusta algún animal?

Margarita Pombo Castro (3ª PDC)

Convocatoria para ghaiteiros e ghaiteiras !!!

Este ano cúmprese o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos. Desde a Fundación Rosalía, a Real Academia Galega, a Universidade de Vigo e a Asociación de Gaiteiros Galegos estamos a organizar para o 24 de febreiro (Día de Rosalía e aniversario do seu nacemento) a Alborada para Rosalía de Castro, para o que facemos un chamamento a todos os gaiteiros e gaiteiras de Galicia para dar unha alborada de gloria na súa honra. Se es un gaiteiro ou gaiteira, na mañá do 24 de febreiro sae ás rúas, camiños, prazas ou lugares simbólicos para botar unha peza na honra de Rosalía (a Alborada ou outra). Se non tocas a gaita, en primeiro lugar disfruta da Alborada e logo difunde: faille fotos ou grava vídeos (vale co móbil, claro). Logo compárteo nas redes sociais (e aquí, por suposto).

 Aquí toda a información e instruccións para facelo