Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



jueves, 21 de febrero de 2013

Twitter en galego! (No Día Internacional das Linguas Maternas)


(Fonte: Twitterengalego)

Despois dun longo camiño, que xa vai para dous anos. Este 20 de febreiro do 2013, a rede social Twitter pon a disposición das e dos seus usuarios a lingua galega. Non foi sinxelo, nin moito menos conseguir que isto fora posíbel. Moitas persoas poden pensar que Twitter estea en galego é a cousa máis normal do mundo, máis non se enganan nada. Pero a verdade sexa dita, tivo que pasar moito tempo e as reivindicacións ser constantes para que poidamos “chíar” polo Twitter.


Pode gustar ou non, que en vez de tweets falemos de chíos. Máis o termo chíos, foi empregado de forma espontaneamente dende o inicio da iniciativa, levando consigo un afán máis que de orixinalidade. Chío, non é o mesmo que piar. Non é polo seu significado morfolóxico, nin pola súa definición establecida, aínda que pío lle sente mellor o paxaro Larry. Pois o chío é un “berro” na rede social, que intentaba pasar da forma que fora a indignación de moitos usuarios e usuarias, que non dispoñían da súa propia lingua nesta rede. Ante a polémica de que aparezan termos “inventados”, como o exemplo anterior ou rechío, é froito da libre decisión das decenas de tradutores e tradutoras que empregaron o seu tempo traducindo, que elixiron de forma democrática estes novos termos para nomear a unhas palabras que xa viñan determinadas e que finalmente se puideron mudar. Esta nova terminoloxía pode gustar máis ou gustar menos, pero non hai que esquecer que foi a elección de toda esa xente que participou na tradución, merecendo só por iso, respeto pola súa labor. Máis non hai que esquecer que o Centro de Tradución está aberto para quen quixer axudar na tradución e votar os termos máis correctos. Aínda así, a nova versión está gustando a todos eses tuiteiros e tuiteiras que xa mudaron a súa lingua de Twitter ó galego.

1 comentario:

Noelia Casas García dijo...

Xa hai tempo que fora TT #TwitterEnGalego ¡Eu creo que seria boa idea!